Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De alugueres e agasallos

jueves, 15 de diciembre de 2005
Ten que pasar moito tempo para que nos afagamos a comportarnos coa Administración coa honradez que queremos para nós mesmos. Tantos anos de administración lonxana e allea, deixaron en nós marca indeleble que posiblemente non sexamos nunca capaces de eliminar nestas xeracións e haxa que agardar que os novos que accedan plenamente á convivencia social cheguen cos ollos limpos e as mentes despexadas.

Pasa cos alugueres, como en calquera outro asunto no que nos relacionamos coas administracións da "res pública". O diñeiro público non nos doe, porque non entendemos que sexa noso nin siquiera nunha mínima parte alícuota.

A Xunta de Galicia crea un sistema para subvencionar alugueres nunhas determinadas circunstancias, fai os cálculos correspondentes, e presuposta a cantidade que se estima precisa. Os cálculos desfasáronse en poucos meses, e a nova Xunta suspende o sistema porque a picaresca o fixo abortar.

E eso, a pesar de que temos unha administración tan intervencionista que hai que xustificar ata o máis mínimo aspecto, presentar documentos a esgalla, e demostrar aspectos nos que o "aparato" ten moitos máis datos ca nós.

O mesmo ocorre cos agasallos que a Administración supranacional facilita ás nacións ou rexións máis desfavorecidas, entre as que seguimos a estar, a pesar de tódolos programas.

Xa podemos estar contentos porque, mediadas as negociacións, España xa ten garantido percibir fondos europeos ata o ano 2013, por unha contía que agora mesmo está nos 4.250 millons de euros, mentras os novos paises, recentemente ingresados, percibirán 12.000 millóns menos do que contaban.

Seguir recibindo fondos equivale a xustificar que seguimos a ser un país -ou un conxunto de paises- subdesenvolvido, que precisa axuda exterior para seguir progresando axeitadamente.

É este outro tipo de picaresca, non polo xeito de obtención, senón por falta dun plantexamento serio e de futuro, porque hai que prever que en algún momento deixarán de existir estes fondos, e non teremos previstos os correspondentes mecanismos sustitutorios.

Se aplicaramos a nosa imaxinación a un traballo diario serio, colectivamente seriamos imparables. Se traballasemos con visión de futuro e fosemos establecendo bases económicas para cando fallen os mecanismos de axuda, poderiamos estar máis tranquilos en relación co porvir. Pero somos así; vivindo ó día con arreglo a Lei do mínimo esforzo, e deixando nas mans da providencia o que só depende de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania