Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lotería política

sábado, 07 de junio de 2014
Cando Carlos III creou a Lotería en España, a mediados do século XVIII, institucionalizou nestas terras o principio de que a sorte pode chegar en calquera momento, pode sorrirlle a calquera, e pode solucionarche a vida sen máis esforzo ca comprar un billete que entre nun sorteo.

Despois daquela lotería viñeron outras. E non me refiro aos cegos, á primitiva, as quinielas... senon aos outros sistemas que, coma a lotería, poden sorrirlle a calquera, chegar en calquera momento, e solucionarlle a un a vida sen o menor esforzo: os premios da lotería da política.

Os dedos do poder dos partidos poden sinalarte cun premio mellor ca o da lotería se te escollen para ir nun lugar de saída para as eleccións municipais, para as autonómicas, as nacionais e –o premio gordo- para as europeas nas que se calcula que cada escano está dotado con medio millón de euros brutos ao ano. Non hai que comprar máis boleto que ser afiliado a unha forza política maioritaria, ser obediente, saír nas fotos, e agardar polo premio que pode chegar en cada comicio.

Ata agora ir nun posto de saída en comicios coma este garantía a vida solucionada. Menos neste, que dos 24 que agardaba o Partido Popular só sacou 16, e dos 23 en potencia para o PSOE só saíron 14. E a estas alturas aínda están os políticos facéndose cruces sobre o que puido pasar... e onde van colocar eses dezasete parados de luxo que non van aEuropa e teñen que conformarse coas canonxías que lles dean dentro do país.

Son os primeiros damnificados polo terremoto do 25 de maio, que aínda non foi medido en grados Richter, pero destruíu numerosos edificios e sementou inquedanza suma nas casas grandes e non tan grandes dos principais –ata agora- partidos políticos deste país.

E pode que aínda non se dean abonda conta... pero os goles que os votantes lles meteron –a distra e sinistra- son moito máis impactantes que o que o Real Madrid lle marcou ao Atlético no último minuto da final da Champion. E se os gardametas coidan que son os últimos é que non saben en que competición están xogando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES