Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Profesión de alto risco

viernes, 06 de junio de 2014
Profesin de alto risco Javier Espinosa, Ricardo García e Marc Marginedas os xornalistas que ganaron o “X Premio José Couso da Liberdade de Prensa”, teñen unha profesión de alto risco: son reporteiros de guerra, os que están no ollo do furacán para tomar nota e levantar acta do que acontece e contalo ao mundo. Cando cae un xornal nas nosas mans e lemos o que acontece nas zonas máis quentes , por exemplo, en Siria, non nos decatamos do risco que están a correr de cotío os reporteiros que escreben as crónicas, das condicións nas que traballan e a soidade na que viven moitas veces diante do perigo inminente. Camiñan polo corte da navalla, pola perigosa raia que marca a delgada liña vermella que separa moitas veces a vida da morte.

Marc Marginedas non puido vir a Ferrol, pero si estiveron Javier e Ricardo que pasaron por un colexio para falar cos alumnos das súas experiencias coma xornalistas en situacións extremas. Os rapaces, malia non poder falar do secuestro, participaron nun intercambio de opinións que deixou ben claro a precaria situación pola que pasa a profesión de xornalista. Javier e Ricardo dixéronlles que o pensen dúas veces denantes de decidirse a estudar xornalismo e que o diñeiro que custa un master que o invertan en viaxar a un país e aprendan alí a súa historia “in situ”.
Logo, se teñen a suficiente curiosidade e material, que o conten.

Aos mozos e mozas pereceulles curto o tempo. O Club de Prensa e o Colexio de Xornalistas tiñan para eles máis cousas na axenda.

Sempre é grato ter a uns xornalistas coma Javier e Ricard na distancia curta: paseando pola cidade, tomando un refrixerio en calquera terraza, almorzando, pero sobre todo escoitando os avatares vividos a traveso da súas dilatadas experiencias; un coma “plumilla” como a Javier gústalle dicir e outro coma fotoxornalista. Patearon máis de medio mundo na procura de contar o que acontece en lugares quentes, en guerras horribles onde sae a relucir a parte mais abxecta do ser humano. Javier xa estivo retido perante tres días en Sierra Leona (aquilo non foi precisamente un secuestro, di). Nada comparado cos seis meses de catividade en Siria.

Unha das cousas que máis me chamou a atención na conversa que tiven cos dous xornalistas foi a presenza, logo de estar nunha zona de conflito bélico e moito máis logo dun secuestro de seis meses, do chamado síndrome post traumático. Perda de masa muscular, falta de apetito, ausencia do soño e cando dormes xorden pesadelos relacionados coas calamidades das que tes que dar testemuña. Un vivir sen vivir que dura un tempo indefinido e que a moitos lles custa superar. A Ricardo, que é máis novo que Javier, noteillo máis, as veces coa súa mirada perdida en horizontes remotos, coma si non saíra aínda do pesadelo. Son as secuelas dunha profesión, dun traballo de alto risco.

Os compañeiros xornalistas de aquí preguntáronlles moitas cousas e eles insistiron que o máis importante é pensar na xente que verdadeiramente sofre nestes conflitos: a poboación civil, sobretodo os nenos., A guerra de Siria pode que se prolongue oito ou dez anos e deixará de ser noticia, como o foi Irak onde aínda segue a morrer xente todos os días. Pero somos como somos e buscaremos outros escenarios novos onde masacrarnos os uns aos outros, e eles e outros compañeiros estarán alí para contalo. Si.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES