Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por toda a beiramar

miércoles, 14 de diciembre de 2005
O Presidente Touriño parece decidido a poñer remedio á anarquía que xa se observa, e especialmente á que se adiviña para un próximo futuro, na costa galega, e anuncia un "Plan territorial integrado do litoral", para poñer orde nas edificacións inmediatas á costa galega.

Como se dunha nova versión se tratase de aquel "Desde Santurce a Bilbao / vengo por toda la orilla", a costa galega está sendo obxecto de observación e ataque por parte de promotores de edificacións que ven neste fisterra un posible Eldorado para o ladrillo e o cemento.

Calcúlase en arredor de cincuenta mil as vivendas construídas sen licencia en Galicia no decurso dos quince últimos anos. Só o coñecemento deste dato pode facer crer a investidores foráneos que aquí non hai máis que chegar e encher para vivir un agosto económico durante todo o ano, e transformar en bloques de cemento os verdes e azuis da nosa longuísima zona costeira.

Aínda que ós galegos, por coñecer en detalle situacións que nos quedan moi perto, nos pareza que a costa galega está xa abondo explotada (sobreexplotada en algúns concellos onde as edificacións se enlazan dun xeito que nos gustaría que fose armonioso), para os investidores foráneos moito se pode aínda construir, sobre todo tendo en conta a bondade do clima, a fermosura das paisaxes, a riqueza da gastronomía, e o atractivo xeral que o concepto "Galicia" ten para os habitantes das zonas máis desenvolvidas do estado español.

As constructoras máis destacadas de España acoden ás costas galegas, e invisten desaforadamente en terreos con posibilidades constructivas, porque os precios da construcción, para nós moi elevados, son tremendamente atractivos para os habitantes das comunidades de maior progreso -especialmente da capital, Madrid- que ven en Galicia un paraíso (¡que o é!), a precios moi asequibles.

Ben fai o goberno en tentar poñer remedio antes de que a ferida se produza, e levar adiante esa vontade política de que na beiramar quede unha zona protexida de douscentos a cincocentos metros, libre de edificacións, que permita poder pasar -o mesmo que na canción, desde Santurce a Bilbao- desde Ribadeo a A Guarda, por toda a beiramar, con toda libertade, e tranquilidade.

Xa agora, nalgúns casos, é un soño. Pero hai que soñar que é posible, porque a beiramar é de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES