O ascenso na Ascensión 2014
Mourille Feijoo, Enrique - miércoles, 04 de junio de 2014
Celebramos conxuntamente dúas festas moi importantes : a Ascensión do Señor aos ceos e o ascenso do Deportivo a Primeira para sempre. Noraboa. A noite foi longa aquí na Cruña , como longo é e o día dos fillos de Deus Noso Señor, unha vez ascendidos nel aos mellores terreos do noso ser.
Pois ben, herdando un antigo e constante costume na historia da cultura da humaninade, tanto a arte como a mesma Biblia colocan enriba, nos cumes, no ceo, todo aquilo que é mellor có que se fai de ordinario, todo aquilo que é o mellor, e todo aquilo que supón valores superiores e actitudes sobranceiras.
Deste xeito a palabra de Deus coloca nun plano visual superior todo o que se refire a Xesús canto a súa historia, canto a súa morte e resurrección; os coloca nun plano superior á extensión horizontal na que nós nos movemos de cote. E así dicimos que abaixo está o mal, abaixo está a dor, abaixo está o pecado, o sufrimento e a morte; nunha palabra, o inferno. En troques, arriba está o bo, o ideal, a vida, a resurreción, o ceo. E así, tamén, as mesmas Escrituras, imaxinan o encontró entre Deus e o home como unha traxectoria segundo a que Deus descende do ceo para falar, vivir e sentir co home, connosco, na terra; logo, rematada a súa obra, sube, ascende arriba, as mellores e máis bonitas rexións.
Daquela, a simboloxía da Ascensión non a debemos vencellar a esquemas e categorías de espacio, senón que a debemos tomar e entender no seu valor auténtico, éste: a Ascensión de Xesús significa a súa inserción, e a nosa, na esfera da comuñón efectiva e difinitiva co perdurable, co definitivo, co eterno, co divino; coa plenitud dos fillos na herdanza do Pai, de Deus.
É pois cousa verdadeira e é realista comprender que a Ascensión de Cristo é a gloriosa meta, cumplida xa nel, das nosas teimas, da vida que Deus nos deu, da eucaristía que celebramos aquí, na casa e no traballo, que realmente se convertirán, ascendidos das mágoas e traballos, pero levándoos nas nosas mans, na realmente última Cea, que é o Ceo ao que él subíu xa, esperándonos alí, ou aquí, a todos nós. E sendo así as cousas, é polo que sempre nas nosas eucaristías nunca deixamos de arelar: Ven, Señor, Xesús. Sí, porque cando él baixa, ó home, o crente, nós, ascendemos ao noso definitivo e inconmensurable destino.
Pola outra banda, cando estou a rematar estas verbas, paréceme que aínda se sinten nas beirarrúas da Praza de Catro Caminos os aturuxos dos últimos siareiros e siareiras que esmagaran contra a pasarela da fonte blanquiazul aquela as moitas mágoas do ano felizmente rematado, cando a algún deles curuxa ao romper o día - dáselle por botar nos piares de Alfonso Molina o viño tinto do primeiro graffiti da próxima tempada do novo Depor: un pouquiño me veredes, mais outro poquiño xa non me veredes
Pero non. E seica maloserá. De todos modos

Mourille Feijoo, Enrique