Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cánovas e Sagasta

miércoles, 04 de junio de 2014
Desde o Preguntoiro: Cánovas e Sagasta


A abdicación do Rei foi unha xogada que non me colleu de sorpresa, o sábado en Madrid xa escoitei un runxe-runxe a uns amigos de antano que están na "cociña" política, xa estaba planeada de antemán polos partidos do réxime de 1978. Todo isto é un reflexo da crise do sistema por este bipartidismo que acompaña a esa terceira pata que é a monarquía, son os únicos responsables desta forma de facer política corrupta e case de clientelismo. Polo tanto trátase dunha crise de sistema cunha corte de parasitos corruptos; hoxe estamos nunha etapa histórica para avanzar por unha verdadeira democracia. Democracia na que se protexan os dereitos fundamentais dos cidadáns: liberdade, igualdade, fraternidade e xustiza social, dereitos todos eles esnaquizados e prostituídos por unha clase gobernante que nos vendeu ao máis noxento, detestable e criminal neoliberalismo.

Temos que pensar que o poder económico herdeiro do réxime franquista, está interesado nesta manobra de abdicación para que non haxa cambios. Ou sexa, trátase de trocar algo para que non troque nada. Isto lémbrame os días antes de aprobar a Constitución de 1978, cousa que foi unha farsa da que hoxe estamos pagando abondo con creces.

Teño na miña mente, como unha foto fixa, aquel día da votación en 1978, tiña a sensación que aquilo botaba un fedor que lembro aquilo de: “polo pobo, para o pobo pero sen o pobo”. A cidadanía ten o dereito a decidir e polo tanto o pobo dirá o que queira que sexa este país. Intentaran entre os dous partidos facer unha “reforma” constitucional para lavar a cara, ou sexa, se non queres unha cunca bebes dúas. Estamos ancorados no pasado e non hai maneira....

Tanto o “aparatik” do PSOE como o PP queren pechar en falso unha oportunidade de consultar ao pobo a modernización deste país, seguiran de costas á cidadanía, como fixeron co artigo 135 da Constitución trocado con nocturnidade e aleivosía en favor da banca e contra a maioría de españois.

¿Lle teñen medo á democracia e máis ao pobo?. Se tanto din que a maioría está pola monarquía, porque non llo consultan nun referendo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES