Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasado ou porvir?

martes, 03 de junio de 2014
Os resultados das eleccións europeas dan que pensar.

Normalmente a xente maior mira cara ó pasado. Por unha razón moi simple. Se chegaron hasta aquí por algo será; logo o pasado é bo porque o foi para min. O futuro, sobre todo se é o dos outros, xa non lles importa tanto, porque o propio futuro non pode xa ser moi longo e sobre o futuro dos outros non saben moito que dicir.

Algo ou moito disto lles pasa tamén ós partidos clásicos, conservadores ou progresistas. É normal que queiran, igual que a xente maior, seguir máis ou menos como están. Teñen a súa propia clientela. Así como haberá sempre un grupo de xente que seguirán sendo, pase o que pase, fans do Real Madrid, do Barcelona ou do Celta, poñamos por caso, outro tanto ocorre en certa medida con certos votantes dos grandes partidos. Neste sentido teñen razón estas agrupacións cando se queixan de que os seus votantes non foron esta vez votar como deberían.

En certo modo consideran ós seus votantes como algo patrimonial. Mais ninguén é patrimonio de ninguén e moito menos a xente moza, que está aberta a un mundo que é o deles e pouco ten xa que ver co de seus pais. O futuro, o seu porvir, interésalles porque é alí onde se xoga a súa vida e albiscan con xustificado temor un porvir que se presenta ante eles coa cor semellante á dunha noite pecha. Os maiores temos que deixarlles paso e incluso forzalos a iso, porque se eles seguen a verse sen futuro rematará tamén en nada o noso propio futuro, por curto que sexa.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES