Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (11)

miércoles, 04 de junio de 2014
A fonte do Xardín


Non eran rosas, senón floriñas polos prados e cómaros.
Dáballes moito o sol, pois non había eucaliptos, senón árbores da nosa terra: castiñeiros, maceiras e moitas cerdeiras...
O río de lavar estaba ao lado de prado. Primeiro, foi de terra; despois, de cemento. Tiña unha bomba que fixera o noso pai, para que baleirara soa. Era un ángulo de madeira, en forma de V, oco por dentro, e con dúas bocas. Unha ía dentro do pozo e a outra por fóra. As dúas tiñan que estar cubertas de auga para que funcionara. A nós tiñanos mérito ver como o pozo enchía e baleiraba só.
Alí, naquelas terras, pasabamos moito tempo cuidando as vacas, axudando aos nosos pais a traballar, despois de ir á escola, a que sempre nos mandaron. Eu tiña seis anos cando estalou a guerra civil. Tres irmáns meus, os maiores, foron a ela. Recordo a miña mamá lendo as súas cartas e chorando. Disto, tería moito que contar. Aínda que era pequena, xa me daba conta de tanto mal que facía aquela guerra.
Dende a Fonte do Xardín, podiamos chamar aos primos de Vilarciá. Eu tiña unha prima da miña idade. Queriámonos moito. Sempre fomos moi amigas. Cando meu pai ía matar o porco á casa da avoa, en Vilarciá, sempre me levaba. Xogaba con esta prima aos añiños, que eran as flores dos salgueiros, pois tiñan uns peliños parecidos aos añiños de verdade. Aínda agora, cando as miñas netas guerrean, sempre lles digo: “Eu teño unha prima coa que nunca guerreei; sempre nos quixemos”. No tempo, iamos buscar a Pascua xuntas. Os padriños, nosos pais, facían unha cesta de boliños de trigo. Naqueles tempos, o pan era de maínzo e centeo. Só polas festas se facía de trigo.
Os matrimonios tiñan moitos afillados, e todos eles recibían o seu bolo. Cando meus pais foron velliños, os seus afillados sempre os viñeron ver, e queríanos moito.
Pasou toda unha vida, e a fonte do Xardín (chámase así porque nace na leira de nove Xardín de Cabanas) segue aí, chea de silvas e de maleza. Xa case nin se ve. Un anoitecer, paseando cerca dela co meu irmán Antonio, este díxome: “Escoita, escoita como aínda se sente caer a auga da Fonte do Xardín”. Un recordo que xamais esquecerei.
Lembranzas dunha vida (11)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES