Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bágoa de impotencia

lunes, 02 de junio de 2014
O sinal de tráfico que está cravado na cuneta dunha estrada calquera, contempla o pasar dos coches e quédase coas caras dos condutores e coas matrículas dos automóbiles. O sinal marca 50. Séntese impotente porque ninguén a respecta. Nin tan sequera eses vehículos especiais para discapacitados. Trémenlle os parafusos cando algún tolo pasa por enriba dos 120. E máis dun, coa forza e a velocidade, espatélalle no medio e medio do 0 a merda que lanzou unha roda ó pasar por enriba.

O sinal de 50 clámalle ó ceo para que uns axentes da autoridade fagan parada de cando en vez e escarmenten ós tolos que só saben correr. Ás veces cúmprese a rogativa. Pero nin por esas; os condutores seguen cos seus bólidos á carreira aberta, a escape. Un cacho de pintura cae da sinal. Aí vai unha nova bágoa de impotencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES