Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirar cara atrás sen ira

viernes, 30 de mayo de 2014
Estes días volvín ver completa a serie sobre a Transición española que hai moitos anos preparou Televisión Española, coa dirección de Victoria Prego. E asombreime de todo o que pasamos, e do case todo que esquecemos a estas alturas dunha película no que todos fomos dalgún xeito protagonistas.

Os novos que escoiten falar da Transición, a menos que estudiaran o tema ou lle lo contaran con detalle, nunca poderán ter idea do acontecido naquel tempo apaixoante no que a historia día a día nos golpeaba con acontecementos que ían modelando a nosa existencia.

Os que eramos mozos naquel difícil 1975, tiñamos sobre as nosas cabezas a espada de Damocles dun futuro tan incerto como a situación económica actual.

Parecíanos que a morte do anciano xeneral –ninguén ousaba chamarlle dictador, nin siquiera pensar que o era- podía rachar a tranquilidade na que traballabamos e viviamos. Que a situación podía rematar con calquera suceso funesto, e que a monarquía era unha febleza histórica sen ningunha garantía para o futuro.

A serie vai contando, e agora deixando lembrar, a situación planteada co asasinato de Carrero Blanco, a longa agonía do Caudillo, o temor ao poder roxo do temible Partido Comunista, a incerta situación dunha monarquía pola que ninguén daba un peso... E a morte de Franco, o primeiro Goberno, o Espírito do Doce de febreiro, e a chegada do furacán Suárez, ese que acabamos de despedir facéndolle xustiza anos despois de que deixara de ter conciencia da súa existencia neste mundo. E naturalmente o punto de inflexión que supuxeron os acontecementos do 23F de 1981.

Unha cousa é lembralo por parte de quen teña memoria, e outra contemplar imaxes e escoitar sons que nos retrotraen a un tempo no que todo estaba por facer. Que nos fai apreciar a rapidísima sucesión dos acontecementos históricos naquel tempo, e o pouso que deixou na nosa memoria e na alma colectiva deste pobo que se por algo se caracteriza é pola memoria flaca e o que se deu en chamar afán cainita de rachar de cando co conseguido ata o momento para comezar de novo.

Sabendo como sabemos que nos manexan como nos manexan a través dos medios informativos, con información interesada, con campañas oficiais, institucionais ou privadas sobre os temas máis diversos, ben poderían programar de cando en cando esta serie, que sería moi novedosa para moitos televidentes, e polo menos axudaría a comprender de onde vimos, como chegamos ata aquí, e como poderemos e deberemos camiñar no futuro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania