Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Profanación do Sagrado Corazón en San Saturniño

jueves, 29 de mayo de 2014
A Javier Martínez Prieto,
Meu veciño, cura de San Saturniño e persoa que me cae moi ben.

Un mui querido amigo envíame, despois dunha conversa, un correo no que se conta que unha imaxen do Sagrado Corazón de Xesús, parece ser, foi profanada polo Alcalde e outros membros da Corporación municipal de San Saturniño.

Polo que me conta o amigo, que ven sendo unha persoa moi de fiar, o Rexidor do Concello sería o responsable da mutilación e esnaquizamento da Imaxen en cuestión.

No documento adxunto observo, sin embargo, referencias á Guerra Incivil e a aqueles anticlericais do 36, o que me da un tufo político de extrema dereita.

Coido que non fai falta retrotraerse ó 36 para ver a falta de sensibilidade, incultura e intolerancia que pode amosar calquer individuo por máis que sexa rexidor municipal. Día a día nos nosos concellos aparecen persoas ignorantes, pero que foron elexidos pola ciudadanía. Iso é o que hai, por máis que non nos goste.

O acontecido en San Saturniño é ó meu ver algo moi extrano. Se tal como me contan, era unha Imaxen que estaba nun parque público e molestaba ó Alcalde e outros bloqueiros coma il, non cómpre esnaquizala nin ultraxala, senón, respetando o sentir de al menos de algunos veciños, busca -los canles necesarios para que sexa a Igrexa quen a recolla co debido respeto e non utiliza-la violencia propia dos intolerantes.

Pouco ben fai á convivencia ciudadán actitudes intransixentes coma ista, e ben faría un político respetuoso e intelixente, en coidar as súas formas sen ofender a aquiles os que mendiga o voto.E tamén intelixente sería por parte do Partido, desgraciadamente tan partido, reconduci-la conducta dun Rexidor que polo que parece resulta ser un energúmeno.

Supoño que, se molestaba tanto a Imaxen, habería un pleno municipal onde as forzas políticas tomarían una decisión de quitala o non, pero que sempre ha de ser de respeto e non ferir a ninguén.

Os que creemos no que representa esa Imaxen temos que recordar aquelo de “Perdónalles porque non saben o que fan” e, cando sexan as eleccións, buscar persoas que sirvan con sensibilidade e respeto ó Pobo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES