Recuperar o diálogo
Mato, Xesús - lunes, 12 de diciembre de 2005
(Domingo 3º Adv, 11-12-05)
Recuperar o diálogo para reavivar a convivencia. Seguimos coas recuperacións. Despois de falar da esperanza e da alegría (domingos anteriores) é preciso achegármonos a outro dos grandes valores e oportunidades que nos ofrece a vida cotiá: O diálogo. Cómpre vivilo, practicalo, fomentalo e/ou recuperalo se o temos perdido. (Dia-logos: a través da palabra). Ou sexa, falar, compartir, dar vida e comunicármonos por medio da palabra, a conversa, a escoita, a reflexión
Con nós mesmos, cos irmáns e con Deus. Segue a ser unha tarefa urxente. É a base de toda relación e convivencia.
O Nadal é o cume do diálogo, do acercamento de Deus á Humanidade. Desde a creación (outro xeito de dialogar) Deus fala co home (Adán, Noé, Abrahám, Moisés, profetas
) Nos últimos tempos Deus envía ó seu Fillo ó mundo para compartir vida: O Espírito mandoume levar a Boa Nova aos pobres, curar os corazóns magoados, anunciar a redención e a liberdade ós que están na cadea e proclamar o ano da gracia e do perdón (Is, 61,1).
Xesús revolucionouno todo. Mudou vidas/sistema/estructuras. Desbaratou o fariseísmo do culto, do sábado, do Templo, do Sacerdocio. Devolveu a fe/esperanza aos pobres, aos que esperaban algo novo e acolleron a Boa Nova. O Verbo, a Palabra transformou o Mundo. A pregunta xorde de seu: ¿Que fixemos nestes dous mil anos de vida crstiá? ¿Qué estamos a facer, agora?. ¿Dónde está a acollida, o diálogo que mostrou Xesús e mandou facer cos pobres, marxinados ( estranxeiros, leprosos, coxos, cegos, prostitutas, pecadores, mulleres
) seus coetáneos?. ¿U-lo Mandamento do Amor?.
Ollemos a situación, a escala Mundo, España, Galiza, Institucións, Familia
Tamén na Igrexa católica. E nas outras relixións. ¿Hai un diálogo serio/firme!? Non. Ao revés: é causa de escándalo para sinxelos. ¡Panorama desolador!. A falla de diálogo e a absurda e abafante crispación están xa institucionalizadas no campo da política, da educación, da economía, da relixión, da vda enteira, etc.. ¡Pandemia universal! Nin siquera se dialoga na familia. ¡Seguimos a vivir novos modelos de dictaduras, tapadas e non disimuladas!
Para dialogar fan falla dúas premisas: a/ desbotar egoísmos, prepotencias, soberbias, intereses particulares e/ou grupais; b/ facerlle sitio a unha forte dose de humildade, sinxeleza e xenerosidade. Tamén: crer na súa necesidade e eficacia, buscar o ben, a verdade/xustiza, escoitar, respectar e valorar as razóns dos demais (dos outros/as) e falar co exemplo e a forza das obras. No fondo, ¡é querer colaborar na mellora do mundo!
Para os católicos, algo concreto: levar á vida os valores do Vaticano II, aínda non desenvolvidos: as catro Constitucións (Relacións Igrexia/Mundo), os nove Decretos (vida da Igrexa e relacións coas cristiás) e as tres Decraracións (Liberdade Relixiosa, Dignidade Humana e Relacións coas outras Relixións, non cristiás). ¡Boa maneira de celebrar o seu 40º aniversario!

Mato, Xesús