Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antano e hogano

lunes, 26 de mayo de 2014
Estamos no ano do 120 aniversario da fundación do Círculo Católico de Obreiros, que deu lugar á Caixa de Aforros. Da orixe proletaria da entidade á perversión á que foi sometida por unha enfermiza ambición de querer ir máis aló do debido nos negocios. De nobres e solidarios obxectivos á especulación pura e dura, ao saqueo sen escrúpulos. Corría o 1894 cando se programaron aquelas "santas misións" -eu lembro asistir a unha de pequeno na igrexa de Esmelle, aló polos anos cincuenta- na que se fixo coa "parroquia" o P. Juan Conde, xesuíta, que, tras demonizar ao socialismo e anarquismo aconsellou a fe en Deus e a necesidade de organizarse.

Así foi que ao termo das sesións reuniu a unha serie de persoas, todos eles homes, claro, que porían en marcha o Círculo Católico de Obreiros "en el cual tengan los hijos del trabajo, con la protección de las personas pudientes, un centro donde instruírse, ayuda moral y material para sus tribulaciones, enseñanza sana, consejos y consuelos y auxilios pecuniarios prestados caritativamente por la asociación", reza a crónica do último día das xornadas misioneiras, publicada en El Correo Gallego. Foi nesta xuntanza cando apuntou tamén a idea de levar a cabo, dentro do centro, unha caixa de aforros para os obreiros e solicitou "con evangélico entusiasmo el concurso de los capitalistas, de los ricos de corazón, ricos de inteligencia y ricos de dinero".

A xunta promotora quedou formada por sacerdotes, mariños, médicos, militares, avogados, propietarios e xornalistas. Sobre a xénese da Caixa de Aforros e do Círculo Católico de Obreiros existe un libro, bastante ben documentado e contextualizado, que leva o título "La Caja General de Ahorros y Monte de Piedad de El Ferrol (1902-1977. Historia de una institución ferrolana", da que son autores José Francisco Fornies Casals, Alfredo Ortega Gómez e Luís Palacios Bañuelos. Esta obra aborda con detalle datas e persoas que interviñeron na fundación. "El 8 de julio de 1894, a las nueve de la noche, en el local arrendado por el Círculo y bajo la presidencia de honra del R.P. Vinesa, S.J. se procedió a la inauguración oficial del Círculo Católico de Obreros de Ferrol". A esas alturas xa contaba a entidade cuns 500 socios.

Non sería até oito anos despois, 20 de setembro de1902, cando a xunta directiva en reunión extraordinaria tratou como único asunto o establecemento da Caixa de Aforros, asunto que se aproba por unanimidade, fixándose a inauguración para o 5 de outubro dese mesmo ano. Desde a creación do Círculo Católico de Obreiros e a súa Caixa de Aforros, até Novagalicia Banco, con todo o proceso sabido, é o que vai de onte a hoxe, antano e hogano.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES