Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estampas da natureza

lunes, 26 de mayo de 2014
Quéixase o vento de que o penedo non o deixa pasar por onde el quere. Chora a laverca porque unhas pingas de auga caeron sobre a súa cabeza. Ri o alacrán ante a perspectiva de lle lanzar o seu dardo envelenado a unha man de home que asoma.

O penedo deixa que as pingas de auga caian sobre el, que a laverca apousente e peitee sobre o mofo e que o alacrán se acubille dentro dun dos buracos que existen ó longo da rocha.

Hai momentos nunha tarde de primavera en que as estampas da natureza inspiran a unha raiola de sol que asoma por entre unhas nubes negras. Baila unha bolboreta sobre a flor de toxo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES