Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que votar!

sábado, 24 de mayo de 2014
Hai seis séculos, en Bizancio, a que logo sería Constantinopla, capital do imperio de Oriente, os temibles turcos cercaron a cidade ata rendela para entrar nela a lume e sangue destruíndoa e masacrando aos seus habitantes. En tanto a traxedia se albiscaba, os sabios bizantinos estaban tremendamente ocupados razonando se os anxos tiñan sexo ou non, e en caso de que o tiveran se era masculino ou feminino. Desde entón quedou na memoria popular como “discusión bizantina”, ou “sobre o sexo dos anxos” todo razonamento inútil, innecesario, improcedente.

Non é que neste momento Europa estea sitiada por exércitos ou civilizacións enemigas – ou vaia vostede a saber- pero o que si está claro é que non é este tempo para perdelo en razonamentos sen sentido cando tanta Europa está por facer, tantos problemas temos que amañar, e tanto nos xogamos o próximo domingo canto nos imos xogar nos próximos anos.

E diante do panorama conflictivo que nos rodea, da crise infame que nos afoga, de que os políticos e a política sexan o problema e non a solución, os dous principais partidos políticos –PP e PSOE- enzárzanse en discusións tan irrelevantes coma a frase presuntamente machista dun candidato, a herencia recibida, as titulacións de cada quen... en lugar de falarnos de Europa, do que poden ou queren facer, do que representamos neste conglomerado de países e da necesidade de que tomemos parte activa nunha tarefa que comeza polo exercicio ponderado do voto.

E o caso é que nos están quitando as gañas de votar, aínda que sabemos que temos que facelo por riba de todo. Aínda que sexa en branco, aínda que sexa un voto nulo, aínda que sexa por candidatos ou entidades que parecen non merecelo. Europa necesítao e nós tamén. Aínda que aquí e agora consideremos a votación como un tempo perdido por coidar que nada útil pode saír da situación de aparente non retorno na que nos atopamos.

Os bizantinos foron masacrados mentras os seus sabios discutían sobre o sexo dos anxos... Como nós non somos desa caste de sabios, temos que votar en conciencia aínda que non nos goste esta situación, mesmo este país; aínda que non nos gosten os candidatos, os programas e a política en xeral, o domingo hai que ir votar. Se fai falta, tapando o narís.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES