Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diversidade / Diferenza

viernes, 23 de mayo de 2014
Estivemos en campaña electoral. Non hai, certamente, que esixirlles aos candidatos que anden cun dicionario na man buscando os termos adecuados; pero tampouco estaría mal que eles mesmos non se aproveitaran dos posibles deslices dos adversarios, para insinuar, ridiculamente, conclusións ilexítimas e ilóxicas.

Os cidadáns temos que lamentar que os recursos persuasivos non sexan breves apuntes de racionalidade dirixida ás cuestións en perspectiva especificamente europea, e que non nos respecten eses excelentes candidatos (cualificou unha mente portentosa) argumentando que quen non os elixe a eles, vota lixo. Se non andara esa “excelencia” polo medio, seguro que nos bababan!. É iso o que aprendeu o dicente por Europa adiante?. Vállame Deus..., que estamos en boas mans!.

E volvo a insistir, con modestia, que non me parece acertado confundir os niveis supranacionais cos nacionais: Non debería ser nin tan sequera pertinente que os elementos integrantes (e léase nacións) dunha estrutura supranacional (UNIÓN Europea) presenten aos seus candidatos ante os electores como sinxelos xestores dos intereses de cada país integrante. Deberían, cando menos, evidenciar unha sensibilidade europea, que non é igual que manifestala con adobes oportunistas.

Hai que ceder soberanía, na medida en que queiramos que as solucións dimanen de Europa, e para iso é mester incidir nunha configuración estrutural desta, potenciando o espírito democrático e desbotando as “titorías”.

Porque penso que as solucións dimanantes da “Comunidade” teñen que ser consecutivas a unha precisa e intelixente constitución dela, que é o prioritario, e as nacionais hai que acadalas no propio país, en función subsidiaria coherente.

Sen embargo, tal e como estiveron os candidatos despachando promesas, ben parece que todo vai depender de Europa; pero, si iso fora así, sobrarían os mesmos parlamentos nacionais e bastarían os organismos de execución.

Exposto isto, por debaixo de todo o que se dixo nas intervencións “mitineiras”, e furgando no que se quixo dicir, amosa unha perigosa confusión entre as actitudes en clave de “diversidade” e de “diferenza”, máis ou menos solapadas, que non se atreven a matizar nesa linguaxe electoralista, relativas aos obxectivos nacionais. Explícome e empezo cunha pregunta.

No caso concreto de España, ¿vamos, como integrantes, á UE, coa riqueza das nosas diversidades dentro da unidade constitutiva e constitucional, ou cun mangado de diferenzas esenciais, derivadas da mesma estrutura gobernativa do noso país e baixo os efectos dun persistente empeño en debilitar a súa conciencia colectiva dun estado unitario e propiciar a incoherencia dentro do mesmo?.

Sen dúbida, a “diversidade” (versus= cara a...) remite a algo en común: Dous individuos da mesma especie poden ser “di-versos”; pero dous de especies distintas son “di-ferentes”. Pois ben; se temos isto en conta, a vontade en diversidade no é o mesmo que os obxectivos en diferenza, porque estes desnaturalizan e rompen a esencia funcional de calquera elemento integrante da estrutura supranacional.

E se este é o caso dalgúns candidatos, levando á confusión do diverso co diferente, non se entende que papel xogan nas eleccións ao Parlamento Europeo, marcando diferenzas constitucionais esenciais naquel país (único lexitimado para participar nelas), e ao amparo do cal presentan a súas candidaturas.

Tampouco, por conseguinte, cabe confiar en que as supostas achegas deses candidatos á “Comunidade” recollan os obxectivos do estado que lles facilitou a súa presenza na mesma. Que é, pois, o que votamos?. E sería ben que non contestaran en termos de lixo.
Hai demasiados problemas sen resolver en España, e de tal envergadura, dentro do ámbito das competencias nacionais, que, a hora da verdade, Europa inhibirase e, incluso, a larga, ata poida que saia polas vías máis inesperadas. Non se fíen, porque, con tantos peóns, a variación do sentido das rotacións está garantida!.
Seguramente non debería perderse a ocasión de intentar enderezar a árbore nacional, esmoucando aqueles ramaxes máis voluminosas para que os ventos non a derruben. Porque o tempo non amaña nada, senón os homes que chegan a tempo. Mañá, pode ser tarde!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES