Os límites
Editorial - lunes, 12 de diciembre de 2005
Parece como se os nosos políticos tivesen especial capacidade para destapa-la caixa dos tronos e de percibir a tronada por moi lonxe que se arme.
A caixa dos tronos destapouna, esta vez, o proxecto de novo estatuto para Galicia presentado polo Bng, onde se menciona a posibilidade de que algúns territorios que actualmente non son galegos poidan solicitar a súa incorporación, en base a razóns históricas, culturais ou idiomáticas.
Visto así, desde Galicia, parece inocente, pero visto desde Asturias, desde Castela-León e ata desde Extremadura soa especialmente preocupante porque as fronteiras establecidas hai pouco máis de século e medio por Javier de Burgos para os afectados son totalmente intocables.
De pouco vale que Vegadeo signifique en galego A Veiga de Ribadeo, e que nos Oscos se fale galego. O Presidente Areces arremeteu contra o proxecto.
De pouco vale que ó Bierzo se lle chame A Galicia irredenta. A alcaldesa de Vega de Valcárce exprésase nun castelán cargado de acento galego para rexeitar o proxecto pero con menos seguridade que o Presidente asturiano.
En zonas de Extremadura fálase galego. Pero se imos a eso, Madrid e Barcelona teñen tantos galegos coma calquera das cidades do noso País.
O B.N.G. inclúe un tema que parece inocente. Non o é. Pero para nós non soa tan raro tentar xuntar a tódolos galegos nunha mesma comunidade vital que será máis forte cantos máis esteamos xuntos.
Parece como se o B.N.G. tivese sobrepasado os límites. E non só os físicos. E, sen embargo, non deixa de ter a súa razón.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora