Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lingua do berce

Calvo Sánchez, Josefina - lunes, 26 de mayo de 2014
A língua da nosa terra, a que nos viu nacer, na que nos criaron e nos educaron os nosos proxenitores con esas verbas de:

“Ven aquí miña xoia”

“Ven que che quento as maíñas que estás morta de frío”

“Séntate á beira do lume e quenta eses peíños”

“Téñoche que facer unhas medias de lá para que non te colla o frío…”


Naqueles tempos por distintos motivos, moitos pais de familia numerosa, non podían criar tódolos fillos e algún parente ou algún veciño encargábase de criarlles un neno ou unha nena ó mesmo tempo que lles axudaban a traballar.
Alguns tiñan moita sorte porque escoitaban esas verbas garimosas cada día; pero tamén había outros que o pasaban moi mal.

Pero a nosa lingua ten todas as verbas máis fermosas para animarnos a todos a querérmonos, a axudármonos para que aumenten sempre as persoas que a falen.

Temos que estarlles agradecidos a todos os que nola ensinaron, os que nos ensinaron a dá-lo nosos primeiros pasos, ós que nos sotiveron para que non caeramos ó camiñar e sobre todo a sorte de nacer nesta terra tan fermosa e feiticieira.

Cando eu era nena non se estudiaba a lingua galega nas escolas por eso sendo galegos non tivemos a sorte de saber falala nin escribila correctamente.

Por sorte si que hai moitas persoas que a estudiaron e que moi lonxe a levaron.
Son moitos os galegos e as galegas que a espallaron por todo o mundo: profesionais, escritores, cantantes, actores, deportistas...
En fin... outros que fomos a procura de mellor vida traballando honradamente no que atopábamos; pero sempre defendendo a nosa terra e a nosa lingua e tamén botándoa moito en falta, e con moita morriña de todas áquelas cousas que tanto amamos...sobre todo as nosas familias e a nosa fala.

Grazas que fomos moi afortunados os que puidemos volver para ela, que outros moitos paisanos non tiveron esa sorte e morreron botando en falta aquelas xuntanzas de familia, os camiños que percorrían cando eran rapaces, as festas cos amigos e todo aquilo que tiveron que deixar polo camiño e que nunca volverían a mirar.

Por eso eu escribín esta pequena poesía á nosa lingua e á nosa garimosa Galicia:

Os galegos que emigramos, moita morriña pasamos
porque, estando tan lonxe, moito en Galicia pensamos.

Galicia terriña meiga,
ti que a tantos fillos viches nacer
e con moita dor os viches marchar,
coas súas pertenzas nunha pequena maleta
repleta de tristrura a reventar.

Teciches a túa historia punto a punto, fío a fío;
toda vestida de verde coas túas árbores floreando:
os teus ríos, as túas fontes,
os vales e máis os montes...

As leiras e as campiñas...
botan en falta os teus fillos
que ían polo camiño
cantando as túas cantigas.
Calvo Sánchez, Josefina
Calvo Sánchez, Josefina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES