Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin dereitos nin humanos

viernes, 09 de diciembre de 2005
Na conmemoración dos Dereitos Humanos deste ano, permítanme que lles conte este pequeno conto. Érase unha vez unha nena que:
“Un error profesional me produce en mi nacimiento una parálisis cerebral / Mi familia se hace cargo de mi estimulación.
A los doce años una profesora no quiere evaluarme / Interviene el Equipo de Orientación Específico.
A los catorce años me rechazan en un centro sin llegar a verme / Otro centro me recibe para hacer BUP.
A los 19 años se plantean muchos problemas con mi selectividad, concretamente con la adaptación / Se nombra un tribunal específico.
A los 21 años preciso rehabilitación de mantenimiento para mejorar mi calidad de vida. Los servicios sanitarios me la niegan por considerarme enferma crónica.¡Una parálisis cerebral no es una enfermedad! / Mi familia la costea.
A los 22 años acabo mi carrera”.
E agora permítanme que lles aclare que non é un conto. Esta moza é veciña nosa e representa o vivir día a día de moitas persoas con discapacidade.
É fácil imaxinar o peregrinar desta familia, porque aínda hoxe non existe coordinación entre os distintos profesionais nin un protocolo de actuación ante un neno ou nena que presente algunha dificultade. Recibir unha atención temperá de calidade queda moi lonxe da realidade. O aspecto educativo é suficientemente representativo no conto. Temos lexislación, pero falta reflexión e planificación. No tema sanitario, só no caso de sufrir algún accidente un pode chegar a nunha lista de espera. Do contrario, nin a idade nin as secuelas físicas son suficientes para que teñamos opción a mellorar a calidade de vida.
Con esta base, podemos supoñer o futuro. Se alguén consegue asomar cabeza cara o mundo laboral, alí o está esperando máis do mesmo: desinformación, descoordinación, insensibilidade, incompetencia... Porque verán, a historia non rematou. Aínda non. Sí; rematou a carreira, pero a tan cacarexada integración das persoas con discapacidade quédase no papel, a veces, por simples cuestións burocráticas.
Continúolles eu a historia. Presentouse a unhas oposicións por a reserva de discapacitados e despois de expoñer o tema, previamente elaborado por escrito, a presidenta do tribunal dille coa crueldade dun sorriso: ya está hecho, no te entendí. Asegúrolles que ten sobradamente demostrado no seu currículo a capacidade de darse a entender sen problemas. Chegan unhas segundas oposicións para as que solicitou previamente adaptación de tempo, segundo bases da convocatoria. A resposta emitida desde Lugo non chega ao tribunal porque este nunca a solicitou e a nosa amiga, contra reloxo, ten que ir a buscala. Comeza o exame coa incertidume de saber con que tempo conta quedando á mercede dun tribunal que nin se molestou en coñecer previamente as características da opositora. Como lles dicía nin dereitos nin humanos.
É lamentable que os nosos representantes digan que Galicia vai no vagón de cola. Pois xa saben ¡a traballar! porque o artigo 49 da Constitución di, referíndose aos poderes públicos, que “prestarán la atención especializada que requieran y los ampararán especialmente para el disfrute de los derechos que este Título otorga a todo ciudadano”.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES