Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noite de lobos

miércoles, 21 de mayo de 2014
Por Galicia adiante anda a representarse a obra de teatro “Noite de lobos” de Xosé Agrelo Hermo, noiés, nacionalista, que naceu no 1937, morreu en 2006, e destacou polo seu labor polifacético, con especial incidencia no mundo teatral.

Aínda que a obra de Agrelo Hermo non sexa esencialmente naturalista, se o fose podería referirse ao que está a pasar na Chaira onde – despois de moitos anos de non recibir a súa visita- se volven ver pegadas de lobos que de noite se achegan ata as zonas habitadas na procura de alimento.

As novas de aparicións de lobos pola noite xorden de lugares como Labrada de Abadín, os Vilares de Guitiriz, en Vilalba en Ladra, ou en Cospeito, e fan lembrar que quedan moi lonxe, a máis de medio século de distancia, os contos que se escoitaban nos invernos de lobos que chegaban ata as casas, atacaban á xente e ao gando, e preocupaban seriamente a todos os labregos, que só saían de noite en caso de necesidade e non sen tomar antes todas as precaucións posibles.

O lobo deixou logo de saberse del, deixou de preocupar, deixou de ser noticia ou motivo de conto invernal ata que agora volve aparecer, precisamente no tempo en que desapareceu na súa inmensa maioría o gando do monte, as parroquias rurais ven mermar a súa poboación e a consideración social do lobo mellorou de tal maneira que agora é especie protexida e hai preocupación porque non desapareza da nosa xeografía.

Coincide esta presencia nocturna dos lobos coa aparición de osos no sur da provincia, recentemente en Samos, que se dedican a saquear colmeas na percura de alimento, saíndo do seu entorno natural das profundidades montesías da Serra do Courel.

O tema, que antes preocupaba pola seguridade dos humanos, preocupa agora somente polos destrozos en propiedades, xa que somos conscientes de que os animais teñen tanto medo dos humanos, alomenos, como os humanos dos animais.

E por iso, as autoridades competentes deben vixiar estas incursións para evitar males maiores, e para seguir considerando que unha “Noite de lobos” somente pode referirse a unha obra de teatro representada con repetidos éxitos pola nosa xeografía.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES