Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (9)

miércoles, 21 de mayo de 2014
Recordos da avoa Jesusa


De nova, veu casar dunha aldea de enfronte, Callobre.
Custoulle traballo afacerse no Ourovello. Sempre dicía que, grazas a unha cuñada, que era Ma Antonia, se fora acostumando. Logo, viñeron os fillos. Cando casou a filla maior, foi moi duro para ela, pois marchou vivir a Bos Aires. Levaron con eles a Fernandito, que era os olliños dela.
Tardaron dezasete anos en volver a España. Recordo velos xuntos na romaría de San Cosme. Xa se parecían filla e nai.

Jesusa estaba moi contenta, pois xa non esperaba vela. Filla e xenro volveron máis anos. Pero, a saúde desta foise deteriorando, ata que chegou a andar nunha cadeira de rodas.

Por outro lado, o fillo de Jesusa casou na casa, e tivo unha nena. Aquela nena tamén era os olliños da súa avoa. Recordo que, cando fixo a Primeira Comuñón, díxolle: “Compra a roupa que queiras, que cha pago eu”. Cando rompeu a cadeira, esa nena poñíalle as medias e a roupa, e nunca lle viraba mala cara. A avoa estáballe moi agradecida.

Logo, a neta casou. A primeira nena, Antía, gustáballe tela no colo. Quizais recordara tempos de antes, cando tivera os seus nenos. De segundo, veu Diego. Xa ela vía pouco, pero gustáballe que llo deixaran ter no regazo. Dicíalle á neta que quen lle dera vivir para ver medrar eses nenos.

Jesusa chegou aos noventa e sete anos. A vida pasa e non podemos alongala máis. Aí quedan os recordos. Eu era unha nena. Sempre a vía lavando roupa. Poñíaa ao clareo e sempre brillaba de branca. Hoxe, as lavadoras acabaron con todo iso.

Non sei onde estará, pois, cando morreu, a bisneta dicíame que Jesusa ía nunha nube branca o ceo. Isto é un misterio para nós; pero, eu sei que lle gustaría ver aos seus netiños con nove anos Antía e seis Diego. Oxalá os seus feitos sexan dignos de que a súa bisavoa os mire, estea onde estea.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES