Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos mal que nos queda...

viernes, 09 de diciembre de 2005
O de "menos mal que nos queda Portugal" foi unha frase feita en Galicia hai dúas ou tres décadas, expresada de xeito que se entendese que se o resto do estado nos ignoraba podíamos mirar hacia o país veciño na seguridade de atopar quen nos entendese ou acollese.

Portugal sempre estivo tan lonxe e tan perto, separado e unido polo río Miño, lonxano na política e perto da alma, como unha Galicia arredada de nós por alguén que tivese secular xenreira diante dunha natural relación e vencello.

Mesmo na raia, Valença do Miño, como unha praza forte do comercio, zona franca, tenda global libre de impostos onde se pode mercar de todo, onde milleiros de galegos mercan cada semana na maior "zona manta" do noso pequeno mundo coñecido productos "das mellores marcas" pola quinta parte do valor teórico de mercado.

Un pouco máis lonxe, Oporto, con aeroporto rexido por espabilados negociantes, que está a recoller todo o que en Galicia deixamos de lado, axudados polos xigantes (Iberia) que deberan ser muíños á hora de canalizar as augas económicas.

Patxy Andión hai anos, nunha canción adicada ó Rastro madrileño, contaba as falcatrúas comerciais que eran capaces de facer os habitantes desa zona tan especial para comer quente tódolos días. Despertou críticas e protestas porque remexía nunha ferida.

Fáltanos alguén que poña en solfa a despreocupación colectiva polo trasvase que dos aeroportos galegos se fai ó de Oporto, pola corrente comercial clandestina que nos chega de Valença, pola invasión de grandes superficies, por ese deixarnos ir e que outros nos solucionen as nosas carencias.

Labacolla queda lonxe para Lugo ou Ourense (unha hora de distancia), ¿A que distancia queda Oporto?.

A ver se en algún momento recibimos algunha nova que nos reforce a autoestima sinalando que os portugueses teñan que vir a Galicia (algo máis para acó da "Raia") por algunha especial razón económica ou social.

Así saberíamos que para eles tamén é de estimar ter perto a Galicia, do mesmo xeito que, para nós, "menos mal que nos queda Portugal".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES