Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Fuga

miércoles, 21 de mayo de 2014
Desde o Preguntoiro: A fuga


A ex-presidenta da Comunidad de Madrid será xulgada nun xuízo de faltas e non por un delito de resistencia á autoridade. Coido que ata Cañete diría: a pobre muller non sabia o que facía. Non imos a ser tan machistas.

Que pasaría se en lugar de Esperanza Aguirre Gil de Biedma, chamárase Pedro Roxos “o escangallas”, mariñeiro de baixura en paro, si se lle ocorrera fuxir dunha identificación, levarse por diante a moto do axente, provocar unha persecución ata a súa casa e unha vez identificado, a noite na comisaría non lla quitaba nin San Pancracio; o pasarían a disposición xudicial ao día seguinte ou cando lle petara ao xuíz, coas correspondentes responsabilidades penais. Pero nada do que lle podería pasar ao “escangallas”, se lle aplicou á señora Esperanza, aínda que este é un caso raro, onde a xustiza é igual para todos.

Remato de recibir uns datos importantes dun estudo feito por grandes profesionais da Universidade de Cuspedriños de Arriba, avalado polo 150% dalgúns “tertulianos” de TV e xornalistas de prestixiosos xornais do país, entre eles “La Zónra”, onde din que esta decisión xudicial, sentará xurisprudencia. Isto pode ter a súa parte positiva: cando nos pare a policía por algunha infracción de tráfico, lle facemos “un corte de mangas” e fuximos como tolos para a casa sen facer nin putañeiro caso. Grazas a Esperanza xa imos sendo un pouco máis libres.

Nada de criticar sobre si temos unha xustiza de taberna nin sobre o xuíz. Como ollamos claramente, todos somos iguais ante a ley, por iso tranquilízome o pensar que se calquera día pásame algo semellante, serei xulgado por cometer unha falta non un delito.

Góstame ben aquel refrán da nosa terra cando fala da xustiza inxusta:... ”Fanas os porcos e páganas os bacoriños”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES