Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A revista FerrolAnalisis, en Bos Aires

martes, 20 de mayo de 2014
Sempre é grato, escribo a título persoal polo que modestamente me impliquei ao longo dun importante período, desde a saida do seu primeiro número (1990) ata o ano 1999 en que me chamaron para poñerme á fronte do Diario de Ferrol, apuntar fitos ou episodios nos que a publicación FerrolAnalisis, que edita o Club de Prensa, cobra un protagonismo especial.

Detrás da obra hai moito traballo, moita tenacidade, moitas horas investidas na coordinación de temas e persoas, responsabilidade á hora de aplicar criterios e definir os contidos...como un non se vai a alegrar de que FerrolAnalisis cruzara o charco e tivera presenza na Feira Internacional do Libro de Bos Aires?

É verdade que se isto foi así é porque tamén houbo quen, coa facultade de decidir e poñer os medios necesarios, tomou antes en consideración os principios e valores, a ética e a estética, continente e contidos dun traballo ben feito e ese mérito hai que atribuírllo ao departamento de Cultura da Xunta de Galicia, en especial ao secretario xeral, Anxo Lorenzo, que tomou un interese persoal no asunto. Este día tiven a oportunidade de conversar con el durante os actos do Día das Letras Galegas en Guitiriz e fíxenlle chegar, como presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol, a miña particular gratitude. Ao César o que é do César.

Non é a primeira vez que FerrolAnalisis sae das fronteiras peninsulares, pero si a primeira vez que se leva a un escaparate do prestixio e proxección da Feira a que se fai referencia. Alí, na caseta da Xunta de Galicia, luciron e brillaron os últimos números.

Na outra ocasión, a "comparecencia" foi, como nesta mesma sección signifiquei no seu día, nada menos tamén que no Instituto Cervantes de París nunha de cuxas vitrinas, aberta pola páxina na que se insería o traballo "Sociología e franquismo", do desaparecido José Vidal Beneyto, exhibiuse a revista. O documento en cuestión está ilustrado cunha fotografía na que se ve ao secretario do Club de Prensa de Ferrol, Luis Mera, e a xornalista e directora da publicación, María Ares, flanqueando ao escritor e columnista de El País, no transcurso dun paseo polas rúas de Ferrol. Era unha homenaxe rendida ao mencionado autor. Á súa vez, a foto da vitrina foi utilizada no cartel anunciador dos actos levados a cabo no veciño país galo. Magnífico premio, pois, supoñen estes dous capitulos para a Xunta Directiva e, de maneira especial, para os consellos científico e de redacción que apoian a edición anual de FerrolAnalisis.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES