Foz: Mato hai 50 anos
Fernández, Suso - lunes, 19 de mayo de 2014
Fai por estas datas 50 anos (1964) estabrecíase en Foz, un persoeiro singular, que voltaba do exilio americano no que estivera dende o estourido da guerra civil (1936), que o pillara de Director Xeral de Seguridade da República. Era don Ramón Fernández Mato, escritor, xornalista e político.
Natural de Boiro, casara no Valadouro, con guapa e rica moza. Licenciado en medicina en Santiago; compañeiro de Castelao: ambos foran membros da Tuna: o histórico galeguista tocando a guitarra e Mato, presidente do colectivo. A estadía deste na vila, por catro anos, propiciou a presencia nela de persoas das letras e o xornalismo, con distintos motivos, pero sempre con él como centro, e en casos participando en actos culturais.
O primeiro en facelo fora o pontevedrés, residente en Barcelona, onde era membro da redacción de La Vanguardia, Alvaro Ruibal.Chegado éste a Foz, casualmente dirixeuse a nós para preguntar polo domicilio do amigo. que vivía en casa da rúa Paco Maañón e alí o acompañamos. Don Ramón era home de gran personalidade física e intelectual, así como de inxenio pródigo e igual simpatía; o poeta Rei Soto dixera dél: Se parece a don Félix de Montemar./ : apuesto, calavera y poeta, fue terror de beatas./ Lo mismo en los estrados, que en timbas y chirlatas / triunfó su esbelto talle y su mostacho enhiesto;/ siempre el oro o la vida a jugarse dispuesto, / más le placen las obras que las necias bravatas,/ e igual ante hosteleras que regias azafatas, / si son bellas, se curva en un rendido gesto./ Trasnochador, después del mediodía / suele dejar el lecho: almuerza, se atavía/ y en las tardes serenas, tibias y perfumadas,/ cuando todo es azul, calma, melancolía / sale al campo y, a solas, teje su fantasía...
A cotío facíase acompañar por dous cadeliños, inquedos, ladradores e rebuldeiros, ...ó chegar á súa casa e chamar ó timbre, os cadelos deron en ladrar e estarabouzar de xeito desaforado e alborotador, coma se fosen un feixe deles. De súpeto aparece don Ramón que ó vernos, exclama: ¡Ai, sodes vós: pasade ... entrai sen medo, que os meus cans non comen calquera cousa...!
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora