Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ferida inoportuna

lunes, 19 de mayo de 2014
Estás pero non estás. E o silencio da habitación é coma unha soidade que racha a harmonía dunha vida. Estás pero non estás. Unha ferida inoportuna amosa o frío dunha noite sen ti, muller. A soidade do silencio é coma unha ducia de reviravoltas na cama porque hai un baleiro no lado esquerdo.

Estás pero non estás. Os minutos pasan lentos e as horas caen coma fantasmas que te envolven nesta soidade silenciosa. Hai silencios que berran por uns suspiros que estremecen.

Hai soidades que acompañan unha vida de ilusións e de volta ó seu entorno. Estás pero non estás. Volverás, muller. Espérote.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania