Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Constitución e Estatuto

miércoles, 07 de diciembre de 2005
Vimos de celebrar o vixésimoséptimo cumpreanos da Constitución, con menos triunfalismo que anteriores celebracións polos ventos de cambio que sopran desde diversos grupos políticos, que coidan chegado o momento de facer reformas sustanciais sobre un texto que leva permitido máis dun cuarto de século de convivencia pacífica entre os españois.

Deberíamos celebrar o vixésimo quinto cumpreanos do Estatuto, que cerca anda, aínda que sopren tamén ventos que auguran poucos anos máis ó actual texto, que serviu tan ben á Galicia de finais do século XX e comezos do XXI.

Cando se aprobou a Constitución, fíxose o mellor texto posible, que vale para case todos, que permitira camiñar naquel balbuceante acceso á democracia.

Cando se aprobou o Estatuto, moi poucos crían nel nin na mesma autonomía, ata que o seu uso foi demostrando que este camiño era viable e cómodo para que Galicia fose sendo cada vez máis dona de sí.

Un cuarto de século despois (algo máis no caso da Constitución), tendo comprobadas as bondades de ámbolos dous camiños, pretenden uns endereitalos e outros amplialos de xeito definitivo, liberándoos de trabas que no seu momento foron precisas para evitar atentados dos descontentos dun lado e doutro.

Suprimir agora garantías, ou limitacións, ou barreiras (según cadaquén queira chamarlles), supón que os perigos de hai un cuarto de século están conxurados. Supón que o noso camiño non ten ningún tipo de perigos e hai que rachar ataduras que ata agora condicionaron o noso camiñar.

Ogallá sexa así. Pero polo que á Constitución se refire, aínda hai forzas políticas que non acoden ó Parlamento cando se trata de festexala. Son os nacionalistas, que aínda que se benefician da Lei de Leis para estar representados na máxima institución hispana, vólvense de costas no día de celebrar a súa existencia.

De Constitución e Estatuto seguiremos a falar durante moito tempo. É ben sabido que estes textos non deben ser sacralizados, e que están ó servicio noso e non ó revés, polo que deben ser modificados como corresponda para que ese servicio sexa sempre o mellor posible.

Pero sempre, de acordo cunha maioría abonda desde o punto de vista legal e social, para que nos pertenzan a todos e non a un determinado grupo, quedando invalidados para tódolos demáis.

Se, nun cuarto de século que a sociedade mudou de xeito radical, os máximos textos legais quedaron obsoletos, modifiquémolos. Pero con xeito, con calma, e co consenso necesario para seguir tendo a festa -tódalas festas- en paz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES