Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que votar: Por qué non confiamos na xente nova?

viernes, 16 de mayo de 2014
O mundo hoxe, no que se refire á esfera do poder político, en gran parte está gobernado por idosos ou avellentados. Abundan os de setenta años, hai-nos de oitenta, e son miles os de idade comprendida entre os 60 e os 70 anos. Outro dato curioso é que se nos fixamos na idade, os máis vellos pertecen a rexímenes autoritarios ou moi relacionados con eles (Asia, África,...); logo extrapolamos que, canto máis idoso máis radical, máis inflexivel!.

Cerca dun mes atrás asistín ao lanzamento dun livro, un ensaio denunciando a corrupzom entre os políticos, sindicatos e xuízes, surprendentemente non incluía aos capitalistas, nin outra instituizom importante na España, como é a igrexa católica.

Na primeira ocasión para me dirixir ao autor (aparentaba uns 55 anos, despois informaron-me de que andaba polos sesenta) comentéi-lle o dito arriba e aproveitei para engadir que votaba en falla unhas propostas positivas para enderezar este mundo tortuoso, atreví-me a suxerir-lle que, dado que os criticados por él na realidade eran vellos, que se atendera aos xovens que están tendo énfase nas cuestions sociais como a luta contra os despexos, as críticas ao modelo económico, o apoio a ONGs que tentan atender á capa social en desvantaxen i en ruinas, etc. etc. A súa resposta foi taxante: “Non, imposivel, non valen, en España non quedan xóvens porque migraron, e os que fican aqui están mal preparados, e ademáis non teñen diñeiro”. Deixou-me sen folgos, mas eu respetei a sua opinión. Seguiron as perguntas e antes de terminar, a adrenalina fixo-me erguer a mao para explicar que ficara inqueda pola sua respuesta, e paséi a refutar o seu comentario dando algúns argumentos.

Os rapaces que migraran, muitos, fixéron-o contra a sua vontade, se como vosté diz foran os mellores, non entendo que despois de ter gastado miles de euros na sua formación os manden a “ver mundo”. Por outra parte, nen quedan poucos en España nen están mal preparados, sume vostede todos os alumos de formación profesional, escolas técnicas, universidades e xuntará máis de 500.000 xoves.

Non teñen cartos, cómo os han ter se non atopan traballo!. Penso que eso non é unha condición “sine qua non” para presentar-se como candidatos nas listas electorais. A experiencia ensina-nos que os que teñen muitos cartos meten-se na política, non para exercer e defender a justiza social, mais para poñer a bon recaudo a sua riqueza e para incrementa-la. Non me molesto en escribir nomes de banqueiros, presidentes da patronal, altos cargos da política, que se non están no cárcere teñen feito todo tipo de méritos para gañar-se unha plaza en Alcalá Meco. Hai uns días que puidemos ver nunha tertulia televisiva, cómo se explicaban os candidatos de partidos alternativos para dar-se a coñecer con presuposto cero, ou moi escaso. Algún político descoñece o seu país até tal punto que pensa que todos os españois viven con 2.000 euros por mes. Non estaría mal poñe-los a vivir perante dous anos con 700 euros de pensión ou de salário por mes, aprenderían os miragres que fan muitas familias alongando os céntimos. Na mesma tertúlia foi bochornoso que un periodista se atrevera a facer-lles varias preguntas de carácter histórico e de domínio de idiomas, coa máxima educación respostaron, so a rapaza da Coruña sinalou que se sentía moi sorprendida.

Baixo do rechazo aos xóves hai a consideración de que os “Princeps Senatus” son os mellores para detentar o poder, está o engreimento dos vellos, o pensamento de que ninguén o sabe facer como eles, porque son os mellores, dispoñen do capital, do control das amizades, coñocen os truques e artimañas. Andan endiosados, mais moitos endiosados na lama, e xunguidos con bridas ao poder. Non perciben que o referente nas sociedades tecnificadas xa non son os avellentados. Ante tanta informática e tecnoloxía, os rapaces dan-nos vinte voltas. Se imos, por internet, na percura dun vó barato, cando nós encontramos un, eles ofrecen-nos oito opcións. Ise é o futuro.

Como é corriente e socorrido facer alusión ao que aconteceu na história a través dos séculos, vamos citar apenas alguns de “aqueles xóves” que foron, e son hoxe, coñecidos polas suas iniciativas. O primeiro, Xesús de Nazaret, todo un revolucionário e axitador de masas que conseguíu renome con menos de 33 anos . O seguinte, para mín, é Alexandro Magno que intentou levar a cabo a unificación de Europa e extender o seu poder por parte de Asia, tamén morreu con 33 anos. Depois podemos citar a alguns que viviron até os sesenta anos, pero as suas fazañas realizaron-nas de novos: Xulio César, Cristóbal Colón, Carlos V e até Lenin (Vladímir Ilich) que, cando novo, soñou levar ao poder aos obreiros organizados en soviets, e case o consegue. Imperdoavel sería esquecer a Mozart que morreu con 35 años. Karl Marx con 30 anos redactou, xunto con Engels de 28, o Manifiesto Comunista, columna vertebral do movimento obreiro. O gran Napoleón I que levou a cabo o terceiro intento de unificar toda Europa. En fin, Che Guevara e Martin Luter King os dous asasinados aos 39 anos, e para rematar, Simón Bolivar que con menos de cincuenta años transformou as colónias de América Latina en repúblicas independentes.

Remato cunha última pergunta que fixen na presentación do livro. Se din que os rapaces non valen ren, que non son alternativa, que non teñen valores ¿cómo era pois o núcleo familiar no que creceron? ¿qué parte de culpa teñen seus pais?, ¿en qué fallaron os proxenitores e os educadores?. Axiña, alguén respostou que a sua filla era xuiza e que estaba ben orgulloso da sua labor. ¡Ah! Deixo constancia da existencia de idosos, que se sinten ao lado dos xovens, que apoian actualmente con ardor ás futuras xeracións.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES