Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perdóasnos, Galicia?

viernes, 16 de mayo de 2014
Desde que boa parte da sociedade actual, perdeu a noción do pecado, tamén quedou esquecido o perdón como tal.
Hoxe en día pedimos perdón por calquera tontería insignificante; e aínda que pareza mentira, cando verdadeiramente habería que pedir perdón, non adoitamos a facelo.

Con ese xeito de actuar pretendemos quedar como persoas finas, delicadas e por suposto moi sensibles ante o sufrimento alleo cando a realidade é outro cantar.

Pero do que quero tratar é doutro tipo de ofensas que facemos –voluntaria ou involuntariamente á nosa terra, á nosa língua, á nosa cultura e á nosa propia idiosincrasia galega.

Somos ou considerámonos galegos de pura cepa, falamos do viño do país, das vacas do país, do porco celta, da galiñas de Mos, das romarías, das crenzas, das tradicións, da empanada galega, das sardiñadas, das churrascadas,do lacón con grelos, etc, etc.
Incluso cando estamos lonxe da terra sentimos unha morriña que non podemos con ela.
Ata aí todo normal e todo ben; pero –paradoxas da vida- ó mesmo tempo falámoslles castelán ós nosos nenos porque nos parece que é máis fino; eso si aínda que lles digamos auténticos disparates.
Falamos en castelán co médico, ou co cura, ou co mestre porque é unha persoa estudiada e pensamos que: “ser estudiado e ter fobia ó galego é todo a mesma cousa”.

¡Que enganados estamos!

E cando pasamos a fronteira galega aínda hai alguén que di: “agora temos que falar castelán”. Mesmo sentimos vergonza de sermos galegos e de falar en galego.
E aínda máis... nalgúns casos temos “AUTO-ODIO Ó NOSO E A NÓS MESMOS”. Esto xa é moi grave, pero real como a vida mesma en moitos casos.

¿Quen non se atopou nesa situación máis dunha vez?

Tamén é certo que grazas as sabias explicacións do noso Profesor de Historia, o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso sabe que Galicia existe, que ten historia, que ten monumentos, que ten gastronomía, que ten literatura, que ten escritores de talla, que ten lengua propia e outras cousas máis que non ven ó caso explicar aquí.

Tamén temos profesores da aldea que parecen un máis como nós, pero son persoas moi cultas, de moita valía e de moita talla persoal e profesional.
Non teñen menos talla os profesores que nos falan castelán porque é a lingua habitual que usan súa vida cotiá.
Con relación ó noso Coordinador tamén hai que decir que está progresando moito no uso da nosa lingua, eso que tamén é unha persoa moi estudiada. Pero ¿quen sabe se algún día nos sorprende dicíndonos que se puxo a estudir a carreira de Lingua Galega?.
E que tamén existen outros moitos galegos de moita talla que deixan a Galicia nun posto moi elevado polo mundo adiante; tal é o caso da persoa a que homenaxeamos co gallo do Día das Letras Galegas de 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, quen:
-Sendo un home da aldea como nós.
-Pasando case toda a súa vida en Madrid.
-Casando cunha muller vasca.
-Facendo traduccións a case tódalas línguas de Europa.
-E, sobre todo, sendo unha persoa de talla, nunca esqueceu as súas raíces e levou a Galicia sempre no seu corazón a na súa pluma.

Hai quen di que non debería facer falta celebrar un día adicado ás Letras Galegas; pero a realidade é que de non ser por este tipo de celebracións, a inmensa maioría da cidadanía galega non se enteraría de que existen unha morea de escritores que usan a lingua de Rosalía para defender Galicia e os Galegos polo mundo adiante.
Por eso me atrevo a pedir perdón como alumna da Uned Sénior de Xestoso e como galega que son e me sinto.

Pídolle perdón a nosa nai Galicia por moitas cousas, entre elas:
-En primeiro lugar por aqueles que -polas razóns que foran-, sumiron por trescentos anos ós galegos nunha lingua allea cando a tiña de seu.
É o período ó que Celso Emilio Ferreiro lle chama “LONGA NOITE DE PEDRA”. Agora parece que empezamos a despertar. A ver se é certo.

-Pola ignorancia do pobo galego porque na súa inmensa maioría non sabe que ser galego implica falar, ler e escribir na lingua nai considerándoa unha riqueza; sen menospreciar ninguha das restantes; en primeiro lugar a de Cervantes que tamén é nosa.

-Pola insuficiente dedicación das autoridades a defender a lingua galega como sinal de identidade dun pobo con raíces históricas desde tempos inmemoriables.

-Por todos aqueles pais e nais que falando eles galego toda a vida, lles dan a entender ós seus descendentes que a lingua galega é de segunda ou de terceira categoría, contaxiándolles ós seus fillos o auto-odio que eles teñen.

-Polos que senten vergonza da falar en galego en canto saen da esfera doméstica.

-Polos catelán-falantes que monosprezan ós galego-falantes porque os consideran inferiores, sabendo que a inferioridade ou a superioridade non está na lingua que se use, senón no uso que se faga dela.

-Pola Igrexa Católica Galega que, salvo raras excepcións, utiliza nas celebracións litúrxicas a lingua de Cervantes cando saben que o público ó que se dirixen é galego falante. E tamén saben que a língua de Rosalía é tan oficial en Galicia como a de Cervantes.

-E finalmente por todas aquelas persoas que se senten discriminadas por utilizar en Galicia a lingua de Rosalía, de Curros, de Pondal, de Risco, de Otero Pedraio, de Cuevillas, de Cunqueiro, dos cincuentas poetas que levamos homenaxeados e doutros moitos entre eles o deste ano 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

¿PERDÓASNOS, GALICIA?

Ti, que es unha naiciña dóce, garimosa e sufrida como ningunha, seguro que nos sabes perdoar ó mesmo tempo que nos dis:
“NON VOS AVENGONCEDES DE SER GALEGOS NIN DE UTILIZA-LA LINGUA GALEGA PORQUE SON A VOSA TERRA NAI E MÁIS PORQUE A NOSA FALA ESTÁ RECOÑECIDA ENTRE AS MÁIS IMPORTANTES A NIVEL MUNDIAL”
“FALADE EN GALEGO, ESCRIBIDE EN GALEGO, LEDE EN GALEGO PORQUE SE FACEDES ASÍ ESTADES FAVORECENDO QUE “GALICIA-CALIDADE” SEXA UNHA REALIDADE.”

Afortunadamente o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso é galego falante e moitos atrevémonos a escribilo sen o máis mínimo reparo. ¡So faltaría!
E cada día somos máis.
E os nosos escritos enténdennos en Madrid e ben que lles gustan. E publícanse no blogue da Universidade de Eduacaión Nacional a Distancia de A Coruña, e tamén en moitos xornais galegos que circulan por moitos países, entre eles: Galicia Dixital que é o portal de Galicia para o mundo.

E non pasa nada malo, todo o contrario. Deste xeito estamos defendendo Galicia e dando bo exemplo ás xeracións vindeiras para que melloren a súa autoestima como persoas galegas con tódolos dereitos.
Conforme vaiamos tomando cociencia destas cousiñas tan importantes, iremos afianzándonos como persoas galegas, españolas, europeas e cidadanas do mundo mundial, porque galegos hainos por todo o mundo.

¡Moitas grazas!

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da Uned Sénior de Xestoso.
Aula de Paderne (A Coruña), e colaboradora de Galicia Digital).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES