Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: A Confraría, 85 anos

jueves, 15 de mayo de 2014
1929. Á calor das cuncas na taberna de Otilia, xuntábanse en tertulia persoas interesadas na problemática das xentes do mar, xurdindo alì a iniciativa de fundar a Confraría de Pescadores, hai 85 anos.

Un período histórico no que a actividade mariñeira da vila viviu as mais contradictorios avatares: de décadas de esplendor (polos anos 40 era éste o primeiro porto pesqueiro e de cabotaxe da provincia), para devir na triste realidade actual: a práctica desaparición da ancestral dedicación dos focegos, de sempre recoñecidos e prestixosos profesionais, algúns con grande sona en todo o Cantábrico.

Pero esta vela apágase, do que no ano 1936 xa advertiran os pescadores, a través do secretario da Confraría, Salgado Toimil. No comunicado sinalaban que só unhas instalacións portuarias fora da barra, salvarían o sector. Pero os políticos – daquela a hoxe.- non tiveron agallas para agarrar o touro polos cornos, e pasaron os anos templando gaitas con periódicas obras que masacraron a ría: parte dos areáis da beiramar e mesmo a morfoloxía, alterando o habitat das distintas especies; e os eternos dragados; que nada resolveron, e que non é doado calcular os millóns de pesetas (perdón polo anacronismo) botados pola borda dende a infancia do cronista.

Agora só queda o lamento que nada resolve; e o mais frustrante é que non aprendemos a lección: cando se fala do turismo como esperanza para a economía e a vida do concello, políticos hai que defenden a ubicación da depuradora na ría. Escoitalos e poñernos a tremer é todo un, porque ¿cómo se pode falar de turísmo, da súa promoción, e a un tempo do que pode actuar de antídoto destructor do mesmo ou de eficaz colaborador a ese fin?¿E que non chegou coa experiencia vivida, cando os nosos gobernantes xuraban e perxuraban que non íamos enterarnos da presenza do artiluxio no entorno do porto, e xentes houbo que temeron pouco menos que morrer de noxo, entre tanta cheirume...?

Pero non era iste o noso propósito, senon o de lembrar que o vindeiro mes cúmprense 85 anos da Confraría de Pescadores de Foz......e se o destino o permite haberá tempo de falar de todo.
Naqueles tempos era tal a identificación da sociedade focega co mundo do mar, que os principais promotores da Confraría, (“para a organización da venta do peixe, servizo asistencial ós mariñeiros e o traballo unido de todos”), eran homes profesional e laboralmente alleos ó sector, e a 1ª Xunta de Goberno quedou constituída así: Presidente, don Ricardo Rivera, Administrador de Aduanas; Vice, don José Fiallega, Cura de San Martiño; Secretario, don Antonio. Goi Díaz, Xefe de Telégrafos; Vice, don Ramón Salgado, histórico mestre de Fondós; tesoreiro, don Balbino López Rodriguez, Consignatario: Contador, don Ramón Méndez, propietario; e vocais, os armadores don Manuel Fraga Penabad; don Jesús Castiñeira; don José.M. Beltrán Lamas e don Manuel Fraga Fernández.

O ano 1979, as Vodas de Ouro da institución, foron homenaxeados os mais de 40 socios fundadores vivos. Durante o medio século, foran presidentes: don Ramón Méndez Val; don José Marful; don Agustín Freire; don Jesús Castiñeira, o vello Castiñeira; don Máximo Couso; don José M. Beltrán Lamas; don Ramón. Villares; Balboa; Tragamares; e Jesús Castiñeira, Suso da Ramallada.

Trancurridos 35 anos do cincuentenario só sobrevive un socio fundador, cheo de vida e saúde, tras cumprir 103 anos de idade: o incombustible Francisco Lestegás, Pancho do Relámpago, da ancestral estirpe de labregos e mariñeiros de Marzán, lugar do que Manual María, para expresar tal peculiaridade, dixera: “... onde as redes mariñeiras a enxugar están / no medio das medas e os medeiros do pan”. Pancho, acaso o focego da historia que acadou maior lonxevidade,único único obrevivente da Confraría, é todo un icono.da longa historia mariñeira do noso pobo, e como tal merecente de tal recoñecemente. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES