Isidoro
Cardalda, Theo - miércoles, 14 de mayo de 2014
Desde o Preguntoiro
O expresidente Felipe González fai uns días nunha entrevista que lle fixo Ana Pastor comentou: ....que no vería mal un Gobierno del PP apoyado por el PSOE, o al revés.....
A miña interpretación desas palabras de Felipe, coido que representan un globo sonda guindado en nome de certo sector doaparatik, que podería incluír a parte da dirección actual, pero que nesta campaña o van negar. Felipe pensou o que dixo, e dixo o que pensou. Agora volveuse honesto e di o que pensa e todas as políticas que levou a cabo.
Felipe Isidoro, trocou o significado do socialismo polo neoliberalismo que foi trazado naquel tratado de Mastrich, tratado que hoxe estamos pagando as consecuencias toda a xente do común. Gobernou fiel e obediente á banca e as multinacionais, onde están recolocadas as dúas familias do bipartidismo, e ante todo isto chegamos aun sistema esgotado é corrupto porén, coido que xa non engana nada máis que aos que se deixan enganar.
Desde a transición coñezo a moitos militantes de base, moitos amigos e outros coñecidos e son daqueles socialistas honestos coas súas ideas e a concepción do socialismo, moitas veces falando con algún deles, téñenme dito que moitas veces ían a votar tapándose o nariz. ¿Hoxe cantos dos que falei darían o voto aínda pechando o nariz se sospeitaran que todo rematará nunha grande coalición co PP?.
Felipe o guía do coro (semellante a aquelas antigas traxedias gregas e romanas) como Bono e outros, van falando e apúntanse a esa teoría polo ben do país, cando realmente queren dicir: que siga o bipartidismo, que a nós vainos moi ben.
Onte o Sr. Rubalcaba (saíndo ao paso de Isidoro) afirmaba que por riba do seu cadáver habería un goberno de concentración, polo cal tampouco é moito dicir dada a súa esperanza de vida política.
Isidoro que se deixe de dar consellos e os deixe para o Consello de Administración de Gas Natural Fenosa, para escarallarnos a vida coas subidas da luz.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora