Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Sicilia a Chicago

lunes, 05 de diciembre de 2005
Esta fin de semana resultou especialmente sanguenta con perda de vidas na nosa comunidade, destacando dous aspectos (tráfico e actividade relacionada coa droga) aparentemente incontrolados e incontrolables.

Por moito que a sociedade se esforce a través dos seus organismos especializados, pouco se aprecia en canto a resultados prácticos.

Porque a pesar da vixiancia e prevención de organismos civiles ou militares (a Garda Civil aínda ten carácter militar), a sangría do tráfico é permanente e tráxica actualidade especialmente cada fin de semana, e este último na provincia de Lugo tivo unha significación moi especial con dous sucesos con tres mortos cada un.

No relacionado co tráfico de drogas, Galicia -polos seus condicionamentos xeográficos- parece chamada a seguir sendo porta de entrada destas sustancias para toda España e parte de Europa, co conseguinte florecemento da delincuencia local, e inclusión deste país na ruta dos grandes delincuentes, rexistrándose sucesos similares ós que acontecen nas favelas de Rio de Janeiro, por iguais motivos, que levan a comparar o ambiente en zonas das Rías Baixas co da propia Sicilia, paradigma do crime organizado.

Pídese para esa zona un Xulgado especial Antidroga, ó que se suspira volte o xuiz Taín, na actualidade "desterrado" en Mataró, por entender que os xulgados normais non teñen nin a especialización nin a capacidade de estudio dos asuntos, sobrecargados polo traballo normal destas institucións.

O peor da comparación con Sicilia non é xa que unha zona de Galicia se convirta en lugar de operacións habituais de narcotraficantes que ó delicto do tráfico con estas sustancias mortíferas acumulen outros delictos de sangue que xurden parellos ós especiais riscos económicos, ás desavenencias e ós incumprimentos. O peor é, precisamente, a habitualidade; a normalidade da anormalidade.

Postos a importar modelos foráneos, quedámonos co que Don Ramón Otero Pedrayo lle asignou á localidade lucense de Monterroso, naquela Oda ó Xamón de Galicia, na que polo poderío do sabor, cantidade e calidade, producción exquisita, Monterroso era "Chicago noso", Porcópolis, a patria suprema do supremo manxar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES