Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gas Natural Fenosa depreda o noso país

miércoles, 14 de mayo de 2014
En setembro de 2010 unha cuadrilla de maderistas contratada por Gas Natural Fenosa entrou a saco nos montes do Ourovello (Paderne) e Coirós. O que en principio era unha actuación para limpar de maleza o terreo baixo o tendido eléctrico converteuse nunha desfeita. Arrasaron co que se lles puxo por diante igual que acostuman a facer por todo o país. Non respectaron nin a anchura da servidume, nin os ríos, nin restos arqueolóxicos, nin a flora, nin a fauna.... Nin sequera ás persoas, a maioría anciáns, que recriminaron ós operarios o seu labor destrutivo.

Como é habitual, alcaldes do bipartidismo e Xunta de Galicia puxéronse de parte dos poderosos. Defendendo a capa e espada os intereses da multinacional eléctrica. Virando as costas ós seus veciños. Rexeitando as mocións e iniciativas que o Bloque Nacionalista Galego presentaba para poñer couto a este insaciable depredador dos nosos recursos.

A Audiencia Provincial da Coruña acaba de dar a razón ós veciños destes dous concellos coruñeses. Recoñece que Gas Natural -Fenosa S.A. realizou unha "corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada". Tamén a obriga a indemnizalos polos danos e prexuízos sufridos máis os intereses legais.

É obrigado felicitar estas persoas polo seu tesón, o seu bo facer e a súa dignidade. Non é doado, sobre todo nos tempos que corren, denunciar os atropelos dos xigantes monstros que políticos e banqueiros crearon. Ir contra corrente. Defender a terra que ós nosos antepasados tanto sangue e suor custou. Porque a ningún veciño de Coirós nin do Ourovello lles regalaron nunca un monte. Nin un bolso Louis Vuitton nin un Jaguar.Ni sequera unhas vacacións por mar xunto a Marcial Dorado.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES