Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pola inclusión

miércoles, 14 de mayo de 2014
Teimando un pouco no artigo da semana pasada quero describir o que, para min serían as bases dunha sociedade inclusiva, deixando atrás definitivamente os conceptos citados para vivir na marabilla da diversidade.

En primeiro lugar, incluír significa respecto absoluto á forma de ser de cada persoa.

En segundo lugar, incluír significa abrir de par en par as portas da sociedade, visibilizando toda a diversidade que garda no seu interior.

En terceiro lugar, incluír significa potenciar as capacidades ata facelas competencias e buscarlles o contexto de desenvolvemento máis axeitado.

En cuarto lugar, incluír significa que os dirixentes desta sociedade teñen a obriga moral de forxar oportunidades de desenvolvemento para todos os seus cidadáns.

En quinto lugar, incluír significa unha rede pública de servizos sanitarios, educativos, sociais e culturais totalmente accesible que garanta o acceso efectivo da cidadanía aos dereitos fundamentais.
En sexto lugar, incluír significa achegarse á diferenza e naturalizala, potenciándoa e dándolle medios para o seu desenvolvemento.

En sétimo lugar, incluír significa convivir apoiándonos mutuamente na procura dun desenvolvemento colectivo.

En oitavo lugar, incluír significa crer en cada persoa.

En noveno lugar, incluír significa que cando unha persoa se enfronta a un proceso de selección para un emprego sexa valorada unicamente polas súas competencias, desterrando todo tipo de prexuízos causantes de exclusión.

En décimo e derradeiro lugar, incluír significa ver a diversidade humana e cultural como a mellor fonte de co-desenvolvemento de todas e como o único xeito de superar a fenda da desigualdade.

Cando empezamos a construír a inclusión?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES