Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uso cultural

lunes, 12 de mayo de 2014
Xa que esoutro día nos xuntamos uns cantos no Espazo Magma co fin de teorizar sobre a cultura e as súas circunstancias, vou seguir turrando polo fío para poder continuar desembeleñando o novelo do sector e a ver se ó cabo son quen de chegar a algunha conclusión da que poidamos sacar algún proveito.

Deume azos para continuar coa reflexión, unha expresión que levo lido moito tempo e en moitos lugares cando o que está en cuestión é definir a función futura dun edificio público calquera, xa sexa rehabilitado ou de nova construcción.

Poñamos por caso... Resulta que nun outeiro calquera de calquera lugar da provincia (hai unha manchea de exemplos) consérvase medio abandonado un castelo, coas almea a piques aprender a lei da gravidade, as xanelas sen un cristal sequera e as hedras e as silveiras como silandeiros habitantes, sen que ninguén máis cós merlos os estorninos, as lavandeiras, os pardaus e de cando en vez as anduriñas na primavera, fagan uso del. Poñamos por caso que de súpeto abrollan polo caño dunha subvención europea uns milleiros de euros e que a localidade que presume do edificio coloca sobre a mesa de debate a baralla da sorte que decida qué facer con el.

Entón, de súpeto, xa sexa por un universitario da aldea, por un mestre-habitante de fin de semana ou por un estudoso local de reputada conciencia, o caso é que sempre haberá que pronuncie o concepto máxico. "Que para qué o imos utilizar unha vez rematemos a obra? Pois, para que vai ser, senón? Para uso cultural!"

Formulada a sentencia, ninguén ousará rechistar, por máis que haxa quen sufra en silencio a perda dunha taberniña na que poder tomar unha cervexa cos veciños, xogar unha partidiña de sobremesa e ver o fútbol en comandita, os domingos pola tarde. Ou mesmo un velatorio, porque na parroquia aínda se gardan as ánimas no comedor e non é a primeira vez que algún piso crequeñou, ameazando con dar co cadaleito e os seus acompañantes no sollado da corte.

"Para uso cultural!" Quen se pode opoñer a unha expresión tan potente e intelectual?

O problema ven logo, cando toca desenvolver é o concepto e trasladar ó edificio a letra pequena de todo canto cabe nun contedor tan grandilocuente como o do "uso cultural".

Unha sala de exposicións, un salonciño de actos, unha aula de informática e audiovisual, outra de usos múltiples (isto sempre queda moi ben), un local de ensaio para a coral da parroquia...

É dicir, uso cultural. Uso cultural para que logo ninguén asista cando os da asociación "Tal" decidan organizar unha mera conferencia do ilustrado local.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES