Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na morte de Alejandro Pérez-Sindín Fraga

lunes, 12 de mayo de 2014
NA MORTE DE ALEJANDRO PÉREZ –SINDÍN FRAGA, IN MEMORIAM

O pasado sábado a istas horas, coma cada fin de semán, chameino por teléfono e non me contestou. O domingo volvín a repetir a chamada e tampouco. Non me preocupei porque coñocía a Alejandro e sabía moi ben como era. Así que, cando a miña Muller colleu o móvil o luns e dixo: “Ves, ya está aquí Alejandro”, contestei eu: “¡xa era hora!”. Pensaba que xa se enterara das miñas chamadas. Mais pareceume raro que non me chamara a mín.Ó mellor non oira a súa chamada e por iso a chamaba a ela.

¡Cántas voltas da a cachola sen sentido! Despois, cando me pasou o teléfono, cortouse. Colgaran. Nova chamada a ila e noto que se queda aturullada, varada, empeza a chorar e eu, xa nervioso, pregunto: ¿qué pasa? Ila, desfeita de door, non sabe agochar a nova que lle están dando e, sen decatarse, dime: murió Alejandro.

Non sei o que pasou pola miña cachola no momento. Non preguntei que pasara nin se era certo ou non. Quedei tan varado coma ila, empecéi a botar as maus a cabeza, a tratar de ¿comprender?,¿aceptar?... a noticia. Xa non me preocupei da consulta do médico que estaba esperando, nin reparei no que me dixo que tiña que facer. Só me preocupaba sair axiña e irme a As Pontes para abrazar a toda a familia, en especial a Toñita,a súa viúva, e os seus fillos. Só quería iso.

Vivo en Colmenar Viejo e estaba en Madrid. Así que saímos da consulta e voltamos axiña a casa. A miña muller, que me coñoce coma runrún e veu que fun todo o camiño sen despechar os beizos, o primeiro que fixo foi darme un lexatín e tomar ila outro. Mandoume botar na cama, mentras ila facía a maleta de urxencia.

Tardou o que non está escrito. Ela ía tan aturullada coma mín, pero é mais forte.

Ás tres horas de recibir a noticia, saímos para Galicia e pasei todo o camiño revivindo as nosas vivencias xuntos. Alejandro foi sempre o meu mellor amigo. Xa me enterara da subida do sucre, da tensión e do porqué non contestara a miña chamada. Estaba ingresado de urxencias desde o xoves anterior e por iso iles non me contestaban, para evitarme door que supoñían aqueles trances. Só mo dixeron cando non houbo máis remedio. Naide sabe as cousas que me pasaron pola cachola nas cinco horas e media que tardamos en chegar. O que máis me preocupaba a parte de Toñita era o futuro de Antía, a súa filla autista. Non é que tivese dúbidas do comportamento da familia, senón o medo á dor da criatura cando se decatase da perda do seu pai e coidador.

Cando chegamos a As Pontes o abrazo con todos iles foi tan fondoso como o que queren fundir os corazóns e as bagoas, sen vergoña ningunha, non tiñan camiño, saían coma fontes. Os sentimentos non han reparar nunca no que pense ou diga a xente. Iles e nós sabíamos e sabemos o verdadeiro amor que sentimos uns polos outros e todo froito precisamente dun pai tan xeneroso como Alejandro.

Cando me deitei, xa en Viveiro, volvín a chorar en soedade. Chorei sen decatarme que a muller estaba ó lado e ila consoloume como mellor puido, con chuchos e abrazos.

Ás cinco da mañá, ó ver que non podía dormir, levanteime e puxenme a escribir o que sigue:

Á MORTE DE ALEJANDRO

Para Toñita, Xandre, Xaquin, Antía e demáis familia.

“Sinto dentro de mín non sei qué
Se son os cravos de Rosalía,
Se as dagas da Virxen das Doores,
Os as bágoas de door que
me reventan o corazón.
O certo é que me doe moito o corazón,
Por máis que a ciencia o negue.

Morreu Alejandro.
E non son dúas palabras simples que soan a un máis.
Nin tampouco un chucho protocolario.
É un aperta fondoso que cada un perde,
Unha verba de amor que falara no silenzo,
É un mestre en xenerosidade que vivirá no Alén.

Morreu Alejandro,
E ista door non é unha póla que se desgaza
Da ialma dun.
Nin tampouco una flor que leva o Landro
Nin nunca será unha ferida que se peche.

Cecais sexan As Pontes que unen ós homes.
Ou ise eco interior que tantas veces escoitei:

Morreu Alejandro.
Ise medo inconsciente que sentín,
E que, de súpeto, anaquizoume o corazón.
¿a ialma? Ou iso, que non sabemos o que é, que tanto doe.

O certo é que eu tamén case estou morto.
¡Cómo non entenderte Miguel Hernández!

Se o ar me afoga,
E o ceo vai de loito sen sentir piedade.
¡Aló vai il, sen os chuchitos das nenas
Sen a lus de Toñita agochada no silenzo
Sen contestarme á chamada!
Despedíndose con bágoas de emoción dos Apóstolos.

Acó quedo eu só, ferido de morte,
Vertendo a ialma en verbas garimosas
Para dar fe das túas esperanzas.


¿ Recordas, Xesús, o Nazareno,
A aquel maltratado cirineo e as súas plegarias?
Velai vai: cheo de amor. Tal como enseñas.
Con humildade che recordo: Paga a factura.


Viveiro-As Pontes 6 de Maio do 2014
...Continuará...
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES