Un bo fertilizante
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 12 de mayo de 2014
Sei e entendo que as universidades están para ensinar, para aprender e para investigar. Ás veces, e grazas ós seus estudos, descóbrense ou fanse experimentos moi interesantes, algúns incluso esenciais. Pero despois tamén hai outros que non era moi necesario que se perdera o tempo neles.
Vén isto ó caso de que un grupo de Enxeñería Química da Universidade de Vigo chegou á conclusión, entre outras cousas, de que a cinsa é un excelente fertilizante do chan. A ver; sendo eu rapaz, ou sexa, na década dos sesenta, moitos veciños faciamos o pan no forno do concello, e recordo que, logo da fornada, metiamos a cinsa nuns sacos para botarlla ós lameiros ou a outras fincas de abono. Xa sabiamos que era un moi bo fertilizante.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora