Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Progreso axeitado

viernes, 02 de diciembre de 2005
As calificacións escolares dos rapaces formúlanse de xeito numérico para así reflectir axeitadamente a súa situación, os seus progresos, o seu nivel.

Pero cando son máis pequenos as calificacións englóbanse en xuicios do tipo de "Progresa axeitadamente", para indicar que a sua formación integral segue unha marcha normal, acorde coa idade e o tipo de actividades.

En varias ocasións fixemos constar o feito de que, vista desde dentro e como un termo absoluto, Galicia "progresa axeitadamente", evoluciona de xeito ostensible especialmente para os que -ó ter perspectiva temporal ampla- poden comparar con situacións xa lonxanas no tempo e nas realidades.

Pero periodicamente as estatísticas, estudios e enquisas veñen poñer as cousas no seu lugar (se é que as poñen) ó facer comparación das nosas realidades coas do resto das comunidades e mesmo coa media do estado español.

Según os datos do último estudio publicado, Galicia medrou en 2004 algo menos do un por cento, ben pobre por certo se se compare co 3,28% que medrou a comunidade valenciana. e o promedio nacional que se situou no 2,11%.

Pode que o de progresar -medrar- teña algunha relación co de multiplicarse (Multiplicádevos e medrade, según o mandato bíblico), e así como queira que o pasado ano Galicia só medrou un 0,41% da súa poboación (11.213 persoas) para totalizar 2.762.198, o que non sexamos máis -e polo tanto envellezamos un pouco máis en conxunto- pode estar na orixe do menor crecemento.

Mala solución tería o tema se só dependese dese factor. Como non é así, haberá que compensalo con traballo, investimentos, enxeño, unión.

E esos case tres millóns de galegos teremos a misión de calificar ás clases dirixentes, xulgalas, e darlles suspenso ou aprobado se non "progresan axeitadamente".

Se o país progresa, eles tamén. Se non, ¡a recuperación!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES