Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maio florido

miércoles, 07 de mayo de 2014
“Como a meniña tola /que sae por vez primeira /
con dengue e muradana / para a festa do lugar;/
así, xentil e aposta / vai vindo a Primveira,/
guirnalda de craveles / verquendo ó seu pasar...” (Curros Enriquez)

O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de “Maia”, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o “mes das flores”. En maio remátase de sementa-lo millo, e cando se facía na última finca dunha casa, poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era “poñer o ramo ó maio”. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoan que as trae mellores”.

Entramos en maio.; é tempo de sol, necesario da auga da chuvia que empuxa o paso da flor ó froito.A maio refírense unha chea de refráns e ditos referidos á bondade da auga : “esperada como auga de maio”, dise cando se anhela algo. Acontece a apoteose florida da vida, escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do “tempo claro”, bó agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bó tempo. Comezan as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. “Os maios” son unha das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza apreciase a creatividade das xentes nas composicións florais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.

Maio é o mes do amor, o mes verde e florido. Amor, vexetación e festas interreleaciónanse entre sí: “Aí ven o maio florido e galán / tódalas rapazas amores lle dan” (A. Cunqueiro); festas e ritos que sempre se acompañan con cánticos e coplas, xeralmente de carácter irónico:, das que a literatura popular garda numerosos exemplos. En Galicia os maios teñen a súa mais xenuina representación en Ourense.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES