Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Botas e o Escapulario

miércoles, 07 de mayo de 2014
Desde o Preguntoiro: As Botas e o Escapulario


Unha cita de Martin Luther King vaille moi ben para este poder xudicial desta Marca España: “La injusticia, allí donde se halle, es una amenaza para la justicia en su conjunto”. É de vergoña o que está pasando neste esperpéntico país, mentres o Miguel Blesa está cada vez máis lonxe do banquillo dos acusados, o xuíz Elpidio Silva está fora da xudicatura por xulgalo. Agora o xuíz recusou a xuíza Tardón e foi apartada do tribunal que ía a xulgalo porque fora conselleira de Caja Madrid.

Polo momento deu o seu froito o circo ao que o xuíz Silva veuse na obriga de someterse. Tivo que enfrontarse a todos eles coas súas mesmas mañas; ao menos queda patente o escándalo que percorre este país de norte a sur, onde mestúranse intereses políticos corruptos cunha boa parte da xustiza, que máis ben asemella a un “mercadillo” de baixa ralea.

Un país que xa non confía dos que teñen que administrar xustiza, é un país onde a corrupción está chegando a un grao de moi difícil solución. Trinta e cinco anos despois do consenso dunha Costitución que nos permitira conformar unha sociedade desenrolada, desde a liberdade e o respeto, para saír daquela “...longa noite de pedra....” de 40 anos, coa bota militar e escapulario ao pescozo, hoxe seguen coa mesma bandeira, coa mesma saña inquisitorial contra o pobo.

Os medos afloran de novo da bestialidade dun réxime que xa pesabamos que estaba superado. Porén, algúns xuíces vannos marcando pegadas, de que o fascismo franquista está máis presente que nunca. ¡Canto nos tarda en pasar o franquismo!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES