Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (7)

miércoles, 07 de mayo de 2014
As lareiras da nosa Galicia


Eran como un altar para as nosas familias. O lume no centro. Canto nos gustaba remexer as brasas. Saían muxicas. Era unha experiencia que nos gustaba, aínda que os maiores rifábannos. No medio, colgaba unha cadea de ferro, chamada gramalleira, para enganchar o pote, e cocer o caldo, castañas, garula... Nas noites de inverno, era un lugar moi agarimoso. Alí, estaban os avós, pais, fillos, tamén os veciños.

A xente das aldeas de Galicia eran moi unidos. Casábanse cos das parroquias de arredor. Sempre gustaba aos pais que os fillos casasen con boa xente, pois os matrimonios eran para toda a vida. Hoxe, non existe iso.

Arredor da lareira, había bancos para sentarse. Nun lado da cambota, tiñan un alzadeiro; poñían nuns pucheiros de barro o leite para callar. Logo, enriba das brasas, tostábase o pan, que era de broa; comíase con leite callado.

Tamén, cando se mataba o porco, facíanse chourizos e poñíanse a curar enriba da lareira. Ata adornaban!

Recordo, na casa onde me criei, había unha cruz na parede, ao lado da lareira. Cando se rezaba o rosario, facíase cara a cruz.

Cando a xente ía durmir, varríase a cinza para a furna. As brasas que quedaban poñíanse a un lado, tapábanse con algo de cinza. Así quedaba o lume para a mañá seguinte. Se se apagaba, íase a casa dos veciños buscar un tizón.

Varríase moi ben o sitio do lume, pois dicíase que viñan as ánimas dos defuntos durmir alí. Había moitas lendas da lareira. Era un sitio especial da casa. Xa poucas quedan.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES