Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pobres

lunes, 05 de mayo de 2014
Sobre o de “pobres, terédelos sempre”, fanse as máis diversas interpretacións, pero en Lugo pode afrontarse a cuestión do xeito máis directo, porque temos pobres con praza fixa de pedir, sen que se adopten ningún tipo de medida.

Na nova praza de San Marcos hai dúas mendicantes con praza fixa e cartel informativo, outra máis na esquina da praza da Soedade con Rúanova, un que alterna o seu traballo diario entre un supermercado de Camiño Real e outro da rúa Ourense, aínda que estes días anda pola Avenida da Coruña, sen contar os autóctonos que teñen lugar de petición na praza Maior. Todos xuntos proporcionan un panorama penoso ás nosas rúas, non por estética senón polo simbólico que resulta nestes momentos en que a situación xeral obriga a andar cabizbaixos e atribulados.

Un concello como o de Lugo ten que ter solucións –non só policiais- para estes temas, sexan de casas de acollida, fogar do transeúnte, e investigación a fondo para comprobar se os que piden son “autónomos” ou están ao servizo, como tantas veces se informa, de mafias que os estafan á vez que nos estafan a nós.

A solución, visto está, non é a do concello de Salvaterra do Miño, que ven de instituir para os mendicantes multas de 25 a 300 euros, pasando a mil se se utiliza un menor, e de dous mil euros no caso de reincidencia. Unha solución así sería unha humorada se non xogase cunha traxedia. Multar a quen pide é o máis doado querendo encher os cuartelillos de detidos. Busquen as raíces do problema,e consigan solucións humanas e políticamente sostibles.

Pedir polas rúas é un drama. Máis, se temos en conta que o problema se enquista, que sempre son os mesmos que se sitúan en lugares determinados, e a perspectiva sombría nunca mellorará. Pero unha institución ten que ter solucións propias dunha institución, xa que se a institución se inhibe, que nos quedaría aos demais que só podemos tranquilizar a conciencia cunha moeda soltada a tempo.

Pero se pagamos impostos, se eliximos, se acatamos, é para que se proporcionen solucións axeitadas –humanas- a un problema humano, posiblemente moito máis fondo do que nós podemos entender.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES