Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mala compañeira

lunes, 05 de mayo de 2014
Doen os ollos de tanto percorrer a pantalla do ordenador. Doe o pescozo de tanto ler. Arde o estómago por estar dobrado. Unha pastilla Secrepat axiña apagará ese pequeno incendio. Os ollos refrégoos coma se tivese sono. Pero non é sono. É canseira.

Non sempre un está espelido a todas a horas. Quito os anteollos para refregar toda a cara, incluso remexer o pelo branco da cabeza. Estou canso. Teño dereito a estar canso. De traballar. De pelexar con códigos e áreas e hectáreas e sementes e lameiros e montes e vacas e ovellas. Canso de andar de aquí para alá. Cos rapaces. Na compra. Ata estou canso de estar canso.

A nugalla é mala compañeira cando se está canso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES