Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día da Nai

domingo, 04 de mayo de 2014
As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor a Rhea, nai de Júpiter (deus do ceo). Os romanos chamaban á efeméride A Hilaria e tiña lugar o quince de marzo no templo de Cibeles. Os primeiros cristiáns transformaron tas celebracións en honor da Virxe, a Nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cnnha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente.

Actualmente na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio. Pero non en todas partes é o mesmo día, pois amais de EE.UU. tamén en Alemania se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía por motivos, ás veces, ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleu o día 30 de maio, porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos anos corenta; na Arxentina o día sinalado é o terceiro domingo de outubro...

Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial do Día da Nai, en Foz, o ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, que presidía Martín Jaureguizar, organizara a festividade da Nai cunha velada literaria no entón Cine Cageao, ateigado de público, no que participaran rapazas e rapaces dos colexios; acto que pechara o escritor e político da República, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido, tan ricaz en imaxes e metáforas; sen dúbida, un broche de ouro para un evento no que as flores e a poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento.

Ó remate del,a directiva da asociación, trasladárase a Cordido para homenaxear no seu fogar á que naqueles intres era a nai mais vella do concello. Hai preto de medio século..

“Nai, ¡adorada nai!, mártir escura / branca pombiña, arruladora e tenra/ ¡ ai!, se souperas como me deixabas / non te morreras”. (Curros: “Na morte de miña nai”).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES