Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 de maio, pobre do pobre

viernes, 02 de mayo de 2014
Desde o Preguntoiro: 25 de maio, pobre do pobre


O día 25 de maio os españois temos unha cita coas urnas para votar aos representantes en Europa, cada quen é moi libre de votar a quen queira, pero sempre con quen están a favor da maioría social, porén, a información que temos os cidadáns é moi escasa e poucos debates sobre esta cita.

Nun artigo meu 14 de febreiro de 2005 (case unha década) en Galicia Dixital sobre a votación da constitución europea, xa comentaba o que nos viña enriba do lombo, por desgraza non me trabuquei, agora neste país a maioría cidadán estamos nunha encrucillada sen saída. Falaba dos artigos que facían referencia ao Servizos Públicos, concretamente aos artigos III-122 e II 166, como eran a Seguridade Social, Educación e Transportes, ou sexa, conquistas sociais dende facía máis dun século.

Estes artigos reflicten como os “servizos de interese económico e social” eran un paso para as privatizacións destes servizos públicos, cousa que xa están en elo ata comernos os sancomiños a todos os cidadáns. Porén, non temos que esquecer á traizón da socialdemocracia europea contra a maioría da cidadanía.

Esta chamada Constitución Europea non fo máis que un tratado ou documento feito polos mercaredes para os mesmos mercaredes, onde as palabras que usaron neste documento soamente eran: “competencia”, “mercado” e “economía social de mercado”.

Era tanto a presa de facer este documento que nos impuxeron que, fora o que fora o resultado daquela votación non era vinculante, así foi, hoxe estamos pagando con grandes recortes, con fame e con parados. Daquela moitos cidadáns votaron unha grande hipoteca social e política ás xeracións vindeiras que están a maldicirnos polos séculos dos séculos.

Agora os cidadáns temos que ser moi cautos ante as mentiras do neoliberalismo e a socialdemocracia. Temos que ser conscientes de votar, ou votamos ás grandes corporacións económicas ou o facemos para a grande maioría dos cidadáns europeos. Que nos vindeiros 20 anos os nosos netos non vaian a maldicirnos ás nosas tumbas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES