Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (6)

miércoles, 30 de abril de 2014
Os mariñeiros de Muxía


Quixera estar con vós neses momentos tan duros que pasastes. Foime imposible, pois con setenta e tres anos, non podo axudar moito; pero, quero, desde aquí, darvos as grazas polo voso esforzo e pola loita contra tanta negrura. Parece imposible que se fixera o que se fixo.

Grazas tamén a tanta xente que veu dende tantas partes do mundo a Galicia para axudar. Deberían facerlles unha homenaxe. Polo medio, habería xente rara, pero, a maioría merecía un monumento. En vez de dar as medallas que deron, era mellor un recoñecemento para a xente traballadora, que non recibe máis que desprezos.

Agora, que vos van poñer un Parador de Turismo, non lles limpedes máis aos ricos. Que fagan residencias para a terceira idade dignas e para todos.

Que dean á xuventude postos de traballo, coidando aos que tanto traballastes no mar. Mentres uns pagan duascentas mil pesetas mensuais por vivir ben en residencias luxosas, outros morren de miseria nas súas casas; de inverno, co frío; no verán, coa calor. Non é xusto. Non importa ser de dereita ou de esquerdas, pero loitade para que teñades unha vellez mellor.

Eses alcaldes que andan a facer o Camiño de Santiago; non teño nada contra o Camiño, pero parecíame mellor que miraran polo Concello. Tantos rapaces sen traballo, tantas familias pasándoo mal, e eles tan contentos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES