Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Qué terá Ourense?

lunes, 28 de abril de 2014
Non teño agora datos estatísticos á man, pero aínda sen miralos estou seguro de non me equivocar se afirmo que Ourense debe ser, con diferencia, a que peor taxa habitacional ten das catro provincias galegas. E non só en número de establecementos, senón no tocante á súa categoría, así como no relativo ó número de camas totais.

É dicir, abonda con botar unha ollada memorística ó panorama hosteleiro galego para concluír en que a nosa provincia é a única que non conta cun establecemento de cinco estrelas e que salvando o caso concreto dos tres balnearios de Caldaria, o parador de Santo Estevo, San Clodio, o hotel de Allariz e non máis de dous pares de edificios da capital, o negocio das camas para o turismo ourensán é un auténtico páramo que con total seguridade tamén nos ten colocados dende hai tempo -dende hai moito tempo- nos últimos lugares do ranking nacional.

Mentres esta realidade acontece perante os nosos ollos e as nosas dificultades para albergar a veciños ou coñecidos nalgún lugar coas mesmas ratios de calidade que nós mesmos procuramos cando a quen nos toca é a nós viaxar, resulta que se nos enche o peito colectivo coma a un galo ó falar do futuro turístico que se albisca para esta provincia, xa sexa dende a perspectiva termal, xa dende o turismo deportivo (poñamos por caso Manzaneda), dende o turismo natural ou alicerzado no patrimonio cultural.

Non fai falla máis ca filtrar cada día a lectura dos xornais cuns óculos que fagan resaltar a palabra turismo para ver cómo este concello de aquí acaba de limpar unha vella verea coa que vai revitalizar o tramo máis anónimo e espectacular do Camiño de Santiago, cómo aquela aldea de acolá acaba de descubrir unha pedra fita que vai facer que peregrinacións de xentes do norte e do sur se acheguen a ela para comprobar o enigma que debuxa a súa sombra nas noites de luar, ou cómo o cantar do cuco transformará aquela carballeira nun espazo natural centrado no turismo ornitolóxico, que mesmo fará tremer os programas turísticos dos humedais de Doñana.

É dicir, turismo por aquí, turismo por acolá. Turismo, turismo, turismo. Bla, bla, bla... Unha igrexa retellada é turismo. Un santo devolto a un retablo é turismo. Unha fonte (poñamos por caso as Burgas) vendo marchar durante milenios a auga que a terra quente nos regala, é turismo... Volvo a onde estaba denantes. Bla, bla, bla...

E de súpeto a alguén se lle acorda instalar un hotel para que a xente teña onde durmir (cousa fundamental para que haxa turismo) e velaí con qué forza xorden as plataformas "contra o mal".
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES