E como imos votar?
Xiz, Xulio - viernes, 25 de abril de 2014
Segundo mo contaron, así o conto, que eu non sería capaz de formular en público unha observación tan desesperanzada.
Para as próximas eleccións europeas, que se celebrarán (d.m.) o vintecinco de maio, o que pertenza a algún partido político do actual abano parlamentario será o que mellor poida sair do atranco no que todos nos imos meter. Porque quen é membro dun partido político tén agora a única ocasión do ano na que lle van deixar participar plenamente. Asi que, quen o teña claro por confesión política, debe votar polos seus.
Pero se non se pertence a un partido político, o votante ten un problema. Podería ter a tentación de votar ao PSOE, pero, claro, se pensa nos concellos de Lugo e Ourense xa non digamos na pasada etapa da Confederación Hidrográfica- ao mellor se lle quitan as gañas. Porque non é que o partido, ou os candidatos, teñan a culpa, pero non está o PSOE como para andar pedindo votos.
Se, pola contra, o votante se inclina por votar polo Partido Popular, pode tamén ter a tentación de pensar na situación do concello de Santiago, na conducta de Esperanza Aguirre, ou nos recortes inmisericordes do goberno central, e entón posiblemente o seu voto pode agostarse e morrer antes de nacer.
Como rechazo aos anteriores, ou porque o posible votante teña vocación nacionalista ou superautonomista, pode ter a tentación de votar ao Bng, que non fai demasiada ostentación de ir en coalición cos independentistas vascos, o que ao mellor lle escoce e lle provoca un picor difícil de atallar. Pero sempre lle quedará Age, que saíu do Bng e aínda con problemas segue para adiante coa axuda impagable de Esquerda Unida, que non é nacionalista galega pero enténdense ben.
Se o amplo panorama, posible votante, non lle vale, non sei que recomendar (indícame a miña fonte informativa), porque máis opcións seguro que hai pero tamén máis extrañas. Conclusión: Hai que afiliarse a un partido, ao que se queira. Polo menos, ao depositar o voto, o votante non terá dores de cabeza nin problemas de conciencia. Votando por quen lle mandan, cumpre. O que sexa independente, vaino ter ímolo ter- moi crudo.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora