Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os burros de Foz

Fernández, Suso - miércoles, 30 de abril de 2014
Extínguense. Augura un experto que, de non tomarse medidas, no prazo de dúas ou tres décadas non quedará un exemprar dos pacientes e sufridos asnos que tan valiosos servicios prestaron á Humanidade. Tempos houbo que en Foz o burro era apreciado e considerado; algúns acadaron sona e son moitas as anécdotas a que deron lugar. O burro foi importante auxiliar dun colectivo de fonda raigame na evolución económica e social do pobo.

A “vendedora” que pregoaba o producto, azuzando a un tempo ó animal,era estampa cotiá polas estradas e corredoiras da bisbarra. O asno, para tal menester, debía ser de paso curto e miudo, para evitar o deterioro da mercaduría co violento vai-ven da marcha; daí que o burro da pescantina fose sempre do xénero feminino. Na memoria gardamos episodios que en certa medida reflicten o medio social, cultural e económico da época. Así se explica, por exemplo, que Emiliano da Cangalla, a quen roubaran o burro que gardaba no cortello, tivera que desprenderse da prenda mais preciada: un fermoso acordeón, de artístico decorado con diseño de nácar, chegado de alén mar, que mimaba con esmero. Ante a dificultade de achegar fondos para mercar un novo burro, vendeu rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao....

Un rucio popular fora “Tilín”, de anatomía émula a Platero … Antón de Carballido, o dono,asináralle un duro traballo: tirar da vagoneta que da canteira do Rego de Foz levaba a pedra para construir as Casas Baratas.

Pero o burro que acadou maior significancia foi “Pedro”: miúdo, arrogante, fiel cumpridor do cometido, pola visita cotià a certas tendas, por razón de traballo, gañouse o afecto dos parroquiáns. Mañoso para franquear o aposento, boa parte das noites as pasaba á luz da lúa, o que lle confería certa imaxe romántica e sona de “ligón”. “Pedro”, o burro que da feira de San Froilán, chegara a Foz en 1944, foi personaxe popular e querido. Pola onomástica tomaba as súas cañas de cervexa, adozaba a padal cun feixe de caramelos e na cabeza lucía un penacho de flores.

Esgótanse os burros. Qué mágoa...!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES