Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros de Castro de Rei (III)

miércoles, 30 de noviembre de 2005
Cruceiros de Castro de Rei (III) 3º.- O fuste soe ser monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto. As caras da parte superior están ornamentadas polos seguintes motivos:
A.- Os cruceiros do Curro (Ansemar), da Ponte (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), e do Cordón (Sta. Locaia) mostran tres caras decoradas con rombos e roeles.
B.- Os cruceiros do Curro (Ansemar) e da Ponte (Outeiro) amosan unha custodia nunha das súas caras.
C.- Os cruceiros de Cornide (Bendía) e Vilamel (Outeiro) presentan unha swástica e unha roseta en dúas e tres caras, respectivamente.

Tamén unha das caras da parte superior do fuste aparece cun número en catro cruceiros deste concello, indicativo da disposición que levaban os canteiros na construcción destas manifestacións artísticas. A numeración seguindo unha orde ascendente é a seguinte:
1º.- Cruceiro de Beloi (Mos): nº 26.
2º.- Cruceiro do Chairo (7) (Ribeiras de Lea): nº 44.
3º.- Cruceiro de Cornide (Bendía): nº 46.
4º.- Cruceiro de Vilamel (Outeiro): nº 67.

O resto do fuste está decorado en doce cruceiros polos instrumentos da paixón en relevo. A súa disposición nunha orde descendente é variable o que permite facer unha distinción numérica deste motivos. Así distinguimos:

1º.- Columna da flaxelación.
Cruceiros do Curro (Ansemar) e do campo da Feira (8) (Ribeiras de Lea).

2º.- Dous cravos
Cruceiros da Ponte (9) (Outeiro) e do campo da Feira (Ribeiras de Lea).

3º.- Escaleira de sete banzos
Cruceiro do Curro (Ansemar).

4º.- Escaleira de oito banzos
Cruceiros da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Pontenova (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).

5º.- Escaleira de nove banzos
Cruceiros da Ponte (Outeiro), do campo da Feira (Ribeiras de Lea) e de Vilar de Baixo (Outeiro).

6º.- Escaleira de dez banzos
Cruceiro de Ribas do Miño (Outeiro).

7º.- Espada
Cruceiros da Ponte (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro) e do Cordón (Sta. Locaia).

8º.- Lanza.
Cruceiros da Cainzada (Bazar), de Beloi (Mos) e de Vilamel (Outeiro).

9º.- Látego.
Cruceiros do Curro (Ansemar), Ribas do Miño (Outeiro) e do Cordón (Sta. Locaia).

10º.- Martelo.
Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do campo da Feira (Ribeiras de Lea) e do Chairo (Ribeiras de Lea).

11º.- Tres cravos
Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Pontenova (Outeiro), de Ribas de Miño (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).

12º.- Tenaces
Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do campo da Feira (Ribeiras de Lea), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).

4º.- O capitel tende á forma troncopiramidal invertida e á disposición moldurada. Este elemento artístico está ornamentado con volutas e querubíns en doce cruceiros do concello (10).

5º.- A maioría dos cruceiros amosan unha cruz de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto, amosando unha cruz florenzada no remate dos brazos de trece cruceiros (11). No anverso da cruz aparece a efixie de Cristo en quince cruceiros (12) nos que a devandita efixie aparece co pé dereito por riba do esquerdo e a súa cabeza, cunha coroa de espiñas, está inclinada ó lado dereito, agás no cruceiro de Vilar de Baixo que o fai sobre o lado esquerdo. Por outra banda ámbolos dous pés están por riba dunha caveira nos cruceiros da Cainzada (Bazar), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro). Ademais nos cruceiros de Vilamel (Outeiro) e do Cordón (Sta. Locaia) a efixie de Cristo está flanqueda por dous santiños. No reverso da cruz a efixie da Virxe aparece en trece cruceiros (13).

Tódolos cruceiros deste concello están construídos en granito, agás as cruces de Sumedo (Ludrio) e Vilar (Mondriz), feitas de xisto, e o cruceiro de Casas Novas (14) (Sta. Locaia), construído con cemento.

Con relación á datación dos cruceiros un bo número é do último tercio do século XIX e primeira metade do XX. Aqueles cruceiros, provistos de data, soen tela na base, no fuste, e algúns no capitel e a cruz, como podemos comprobar por medio do seguinte esquema:

1º.- Data na Base
Cruceiro do Curro (Ansemar) (Data: 1886).
Cruceiro do Mesón (15) (Coea) (Data: 10-X-27).
Cruceiro da Pontenova (Outeiro) (Data: 1906 ou 1908?
Cruceiro de Casas Novas (Sta. Locaia) (Data:1913).

2º.- Data no Fuste
Cruceiro de Beloi (Mos) (Data: 1871).
Cruceiro de Vilamel (Outeiro) (Data: 1907).
Cruceiro do campo da Feira (Ribeiras de Lea) (Data: 1888).
Cruceiro do Chairo (16) (Ribeiras de Lea) (Data: 1858).

3º.- Data no Capitel
Cruceiro de Castiñeiras (Ludrio) (Data: 1942).
Cruceiro da Plazuela (Ludrio) (Data: 1838).

4º.- Data na Cruz
Cruceiro de Castiñeiras (Ludrio) (Data: 1794).
Finalmente os cruceiros da Ponte, Ribas do Miño (17), Vilar de Baixo e Vilamel, situados na parroquia de Outeiro, posúen restos de policromía.

NOTAS
7.- Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Castro de Rei. Diario Oficial de Galicia, nº 18, 25-1-90, p. 716.
8.- RIELO CARBALLO, Nicanor.: Ob. cit, p.314.
9.- COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, Presidencia, Xunta de Galicia, 1993,p.95.
10.- Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do campo da Feira (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).
11.- Cruceiros do Curro (Ansemar), do Carril (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), do Vilar (Mondriz), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do campo da Feira (Ribeiras de Lea), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).
12.- Cruceiros do Carril (Ansemar), do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do Pozo (Pacios), do campo da Feira (Ribeiras de Lea), do Chairo (Ribeiras de Lea), de Casas Novas (Sta. Locaia) e do Cordón (Sta. Locaia).
13.- Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do Pozo (Pacios), do campo da Feira (Ribeiras de Lea), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia).
14.- SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia,TV, Centro Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Madrid, 1983,p.497.
15.- SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián.: Ob. cit, p. 185.
16.- Inventario Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Castro de Rei. Diario Oficial de Galicia, nº 18, 25-1-90, p. 716.
17.-COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemente Comarcal de Galicia,... p. 95.

BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
1º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Ed. do Castro, A Coruña, 1998.
2º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Ed. do Castro, A Coruña, 1999.
3º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Cadernos do Seminario de Sargadelos, No prelo.
4º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / CUBA RODRÍGUEZ, X.R./ REIGOSA CARREIRAS, A.: "As cruces e cruceiros da Terra Chá", Diario "El Progreso" de Lugo, 20-8-87.
5º.- BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A./ CASTRO RODRÍGUEZ, Antón.: "Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega", Diario "El Progreso" de Lugo, 22-8-87.
6º.- BLANCO PRADO, José Manuel / RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manolo.: Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1988.
7º.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1990, páxs. 281-290.
8º.- CENDÁN FRAGA, Antón.: "Os Cruceiros de Vilalba", Diario "El Progreso" de Lugo, 31-8-88.
9º.- CENDÁN, Antonio.: "Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido", Diario "El Progreso" de Lugo, 29-12-89.
10º.- COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, Presidencia, Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
11º.- FLORES RIVAS, Luis Hixinio.: "Un elemento a conservar na Terra Chá", Boletín "Terra Chá" ano I, nº3, Órgano de expresión da Asociación cultural "Brigadas en defensa do Patrimonio Chairego", páxs. 29-30.
12º.- GIL AGRAS, H.: "Os cruceiros de Bretoña", Diario "El Progreso" de Lugo, 17-8-91.
13º.- GONZÁLEZ REBOREDO, X.M / RIELO CARBALLO, Nicanor /SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián/ VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T.I-VI, Madrid, 1975-83.
14º.- Inventario de cruceiros da Escola Taller do concello de Vilalba.
15º.- LAREDO VERDEJO, José M.: Os Nosos Cruceiros, Ed. Boreal-Xuntanza, A Coruña, 1993.
16º.- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen.: "O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba (I e II)", Diario "EL Progreso" de Lugo, 30-4-98 e 1-5-99.
17º.- RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedra na Galiza, Akal, Madrid, 1975. Ed. facsimil da que se levou a cabo B. Aires en 1949.
18º.- TRAPERO PARDO, J.: "Os Cruceiros", Lucus, Boletín Informativo de la Diputación Provincial de Lugo, nº27, 1974, páxs. 25-40.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES